Para facelo máis
accesible a todo o alumnado, repartimos esta actividade en tres quendas que se desenvolveron en tres espazos do colexio ao longo da mañá.
Comezaron os tres
primeiros cursos de primaria na biblioteca. A sesión rematou no patio bailando
e dándolle apertas ás árbores do colexio.
Xa logo do recreo comezaron
a actividade os cursos de 4º, 5º e 6º de primaria, máis xa comezaron a carón do
salgueiro chorón do patio, a súa sombra.
Nas distintas quendas Anxo fixo un percorrido polo Camiño de Santiago, contando as historias do “Carballo con botas”, de “Caramulo”, da música das
árbores, … todas fomentando o respecto á natureza, a importancia do coidado e
protección do medio ambiente, da reciclaxe e da música como unha lingua máis.
Todo o alumnado e o
profesorado pasou a mañá gozando desta actividade instrutiva, participativa
e moi inclusiva. Na que todas as árbores do patio: o salgueiro chorón, as
moreiras, os carballos, as camelias,… levaron máis de unha aperta das nenas e
nenos do colexio que a partir de agora van a miralas doutro xeito.
Graciñas Anxo por este día tan agarimoso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario