mércores, 28 de abril de 2021

As fabas máxicas

 Está claro que non é o mesmo, pero as nenas e os nenos das tres aulas de infantil, estaban ansiosos porque sabían que hoxe había teatro.

Conectamos as mestras en streaming co A Fundación par ver na pantalla a representación da obra "As Fabas Máxicas" da compañía Caramuxo Teatro.



Pasárono bomba cos monicreques. 

Nas aulas houbo un traballo previo e posterior á representación e relacionado co proxecto do colexio “Apadriña unha Maceta”.

 

A vantaxe de non estar nunha sala foi que puideron bailar coa música da montaxe.

martes, 27 de abril de 2021

Polo Correo do Vento

      OOOLA!! 
 ESTOU ENCANTADO COA VISITA QUE NOS FIXERON HOXE ENRIQUE MAURICIO E CARLOS TABOADA, DE Polo Correo Do Vento.

SEMPRE SEGUINDO AS MEDIDAS DE SEGURIDADE MARCADAS POLO PROTOCOLO COVID-19, FORON PASANDO POLA SALA DE USOS MÚLTIPLES O ALUMNADO DAS CLASES DE E DE INFANTIL, , E DE PRIMARIA PARA PARTICIPAR NAS SESIÓNS DOS CONTOS ILUSTRADOS.

    

LOGO DE PRESENTARSE O GRUPO, ENRIQUE FOI CONTANDO, COA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN DO PÚBLICO, 


AS HISTORIAS DE 
Panchito, Cósimo, O ESQUÍO RAMPANTE, Maruja Mallo E Ángeles Alvariño


NAMENTRES ARGALLABAN AS HISTORIAS, CARLOS ÍA DEBUXANDO CADA PROTAGONISTA E ILUSTRANDO AS NARRACIÓNS.



 

AS CARAS VOSAS AO SAÍR DAS SESIÓNS DOS CONTACONTOS ERAN DE PURA LEDICIA.

Maruja Mallo
 

PASENIÑO IMOS AUMENTANDO A ASISTENCIA PRESENCIAL ÁS ACTIVIDADES.

Ángeles  Alvariño


GRACIÑAS A O SALÓN POR ESTE AGASALLO.


EN CANTO SEXA POSIBLE RETOMAREMOS AS VISITAS QUE TANTO GOZAMOS AO SALÓN DO LIBRO EN PONTEVEDRA.



LEMBRA!!

LEVA SEMPRE A MÁSCARA!

FORA VIRUS!

luns, 26 de abril de 2021

Anxo Fariña

 OOOLA!!  

PERO QUE SORTE A DE HOXE!!

VISITOUNOS O ESCRITOR E ILUSTRADOR ANXO FARIÑA  XA SABEDES, O AUTOR DE "Os Megatoxos", "Antón e Pompón""Don Quixote e Breogán",...

COMO TEMOS GRUPOS BURBULLA, POLO COVID-19, HOUBO TRES QUENDAS SEGUIDAS COAS CLASES DE 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA.  

ANXO FARIÑA VEU DA MAN DE  O SALÓN , FALOU DO SEU LIBRO “Ecos de LumeUNHA AVENTURA ECOLÓXICA NA QUE SE MESTURAN A FANTASÍA E A REALIDADE, CUXA PROTAGONISTA É UNHA RAPAZA CHAMADA Noa.  

CONTESTOU AS MOITAS E VARIADAS PREGUNTAS QUE LLE FIXERON 

E APRENDERON QUE, COMO PARA TODO NESTA VIDA, HAI QUE PRACTICAR MOITÍSIMAS VECES PARA QUE SALGA BEN UN DEBUXO.

  SE TES HABILIDADE... TAMÉN. 

AMOSOU O SEU CADERNO ONDE VAI FACENDO OS BOSQUEXOS DOS PROTAGONISTAS E PERSONAXES DOS SEUS LIBROS.


FIXERON UN OBRADOIRO DE DEBUXO CON EL. 

TODA A RAPAZADA DE 4º, 5º E 6º CURSO DE PRIMARIA, QUEDOU ABRAIADA CO RÁPIDO E FANTASTICAMENTE BEN QUE DEBUXABA.

CLAUDIA, UXÍA EDU, POSARON PARA QUE FIXERA UN DEBUXO DO NATURAL.  

 CLAUDIA, de  4º curso.


 UXÍA, de  6º curso.
  

 EDU, de  5º curso.
A QUE QUEDARON CHULÍSIMOS? 😍😍😍



  Grazas por esta xornada, Antón 

 LEMBRA!!

LEVA SEMPRE A MÁSCARA!

FORA VIRUS!

O libro que me marcou na miña nenez

É a actividade á que convidamos ás familias a participar durante a Semana Do Libro

 A proposta era a de compartir na clase dos seus fillos e/ou súas fillas a historia de “aquel” ou “aqueles libros” especiais, emocionantes ou evocadores que lle moveran algo por dentro ao lelos ou escoitalos.

As familias responderon a esta proposta de lecturas compartidas co alumnado con moito interese e con tanta participación que que foi complexo cadrar as quendas durante a semana.

Sempre seguindo as medidas de protocolo, co distanciamento necesario e sen coincidir os grupos, a semana foi moi intensa e literaria.

Non puideron vir todas as familias que se prestaron a participar, mais houbo todos os días algún curso realizando esta actividade.

Cando o tempo o permitiu fixéronse as lecturas fóra, outras miráronas no encerado dixital e outras puideron ser simultáneas en diferentes espazos do patio co bo tempo que facía.

Compartiron lecturas, historias e anécdotas en relación cos libros que levaron. Souberon que había fascículos e tiñas que esperar a rematar a colección para encadernar o libro, que xa había hora de ler hai moitos anos; que na internet podes conseguir as veces libros antigos, que ... 

Estes foron algúns dos libros que trouxeron as familias ao colexio para compartir con nós: A Odisea, El libro gordo de Petete,  Fray Perico y su borrico, “A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza”, “La historia interminable”, O libro da Illa de San Simón, O corno do unicornio, “O principiño”, “En busca del nido”, La voz interior, Un punto, Dorme como un tigre, El príncipe feliz, El libro de Borja y Pancete”, ... 


O noso máis sincero agradecemento a todas as familias participantes nas actividades propostas.

venres, 23 de abril de 2021

Semana do libro

 OOOLA!!  


DÍA DO LIBRO! 

DÍA  COMPLETO NO QUE  HOUBO FAMILIAS LENDO, ENTREGA DE PREMIOS, VÍDEOS,  AGASALLOS LECTORES E MOITOS LIBROS.

COMO XA  SABEDES, HOXE TAMÉN É O DÍA DO DEREITO DE AUTOR.

A DATA ESCOLLÉRONNA POLA COINCIDENCIA DO PASAMENTO DE TRES GRANDES ESCRITORES UN 23 DE ABRIL DO ANO 1616: Miguel De Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso De La Vega.

ESTE É O VÍDEO DO PRIMEIRO EPISODIO DA SERIE DE DEBUXOS DE TVE DE D. QUIJOTE DE LA MANCHA

RESOLVEMOS OS TRES RELATOS GAÑADORES DO CONCURSO LITERARIO NAS AULAS DE 4º e 5º DE PRIMARIA.  

TODOS OS PARTICIPANTES RECIBIRON UN PEQUENO DETALLE.

AS AUTORAS E O AUTOR DESTES RELATOS GAÑADORES FORON AGASALLADOS CUN LIBRO.   

LOGO DA BOA ACOLLIDA QUE TIVO POR TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A PROPOSTA  “O Libro Que Me Marcou Na Miña Nenez” ÁS FAMILIAS, PROCURAREMOS REPETIR A EXPERIENCIA MÁIS VECES.

REMATAMOS A SEMANA COA ACTIVIDADE DE “Libros a Fóra” QUE ADAPTAMOS AO HORARIO E MEDIDAS INDICADAS POLO EQUIPO COVID DO COLEXIO.

SAÍMOS LER POR QUENDAS AO PATIO, EN PARELLAS OU TRÍOS LECTORES.
PASAMOS A XORNADA LENDO, ESCOITANDO E GOZANDO DA MUSICALIDADE QUE PRODUCÍA ESTE SON. 
OLLA   E   ESCOITA!
NA AULA DE 3º HOUBO INTERCAMBIO DE LIBROS FEITOS POLO ALUMNADO
VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA REPARTIRON OS AGASALLOS PARA O ALUMNADO PARTICIPANTE DE 4º E 5º DE PRIMARIA ANTES DE SAIR AO PATIO E RECOLLERON OS LIBROS DA BIBLIO PARA ORDENAR DESPOIS DO REMATE DA ACTIVIDADE.

LEMBRA!!

LEVA SEMPRE A MÁSCARA!

FORA VIRUS!

xoves, 22 de abril de 2021

O SALÓN

OOOLA!! 

O SALÓN XA ESTÁ AQUÍ!!

MAÑÁ INAUGÚRASE A XXI EDICIÓN DO SALÓN DO LIBRO.

EMERXENCIA LITERARIA!!

os libros salvan o planeta

OUTRO ANO MÁIS SOMOS UN DOS CENTROS COLABORADORES.

ESTE CURSO COLABORAMOS CUNHA PROPOSTA  AUDIOVISUAL:

XA VAI UN ANO QUE PASÓU ORBIL POLO COLEXIO…

ESTE ANO, PODEDES ATOPALO POR PONTEVEDRA ADIANTE ATA O 9 DE MAIO.

NESTA EDICIÓN NON PODEMOS IR CO COLEXIO A VISITAR O SALÓN, PERO COMO CENTRO COLABORADOR:


·        LUNS 26 DE ABRIL VEN ANXO FARIÑA E ESTARÁ COAS CLASES DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA, E

·        O MARTES 27 VIRÁN POR AQUÍ “POLO CORREO DO VENTO”, QUE ESTARÁN CON 6º DE INFANTIL, 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA.

 PODEDES IR COA VOSA FAMILIA SE RESERVADES BILLETE CON ANTELACIÓN, XA QUE HAI MOITAS PRECAUCIÓNS POLA COVID19.

PREME AQUÍ PARA VER O PROGRAMA

LEMBRA!!

LEVA SEMPRE A MÁSCARA!

FORA VIRUS!