É a actividade á que convidamos ás familias a participar durante a Semana Do Libro
A proposta era a
de compartir na clase dos seus fillos e/ou súas fillas a historia de “aquel” ou
“aqueles libros” especiais, emocionantes ou evocadores que lle moveran algo por
dentro ao lelos ou escoitalos.
As familias responderon a esta proposta de lecturas
compartidas co alumnado con moito interese e con tanta participación que que
foi complexo cadrar as quendas durante a semana.
Sempre seguindo as medidas de protocolo, co distanciamento
necesario e sen coincidir os grupos, a semana foi moi intensa e literaria.
Non puideron vir todas as familias que se prestaron a
participar, mais houbo todos os días algún curso realizando esta actividade.
Cando o tempo o permitiu fixéronse as lecturas fóra, outras
miráronas no encerado dixital e outras puideron ser simultáneas en diferentes
espazos do patio co bo tempo que facía.
Compartiron lecturas, historias e anécdotas en relación
cos libros que levaron. Souberon que había fascículos e tiñas que esperar a
rematar a colección para encadernar o libro, que xa había hora de ler hai
moitos anos; que na internet podes conseguir as veces libros antigos, que ...
Estes foron algúns dos libros que trouxeron as familias ao colexio para compartir con nós: “A Odisea”, “El libro gordo de Petete”, “Fray Perico y su borrico”, “A toupiña que quería saber quen lle fixera
iso na cabeza”, “La historia interminable”, “O libro da Illa de San Simón”, “O
corno do unicornio”, “O principiño”,
“En busca del nido”, “La voz interior”, “Un punto”, “Dorme como un tigre”,
“El príncipe feliz”, “El libro de Borja y Pancete”, ...
O noso máis sincero agradecemento a todas as familias participantes nas actividades propostas.