OOOOLA!!
QUE MAÑÁN DE NOVEMBRO MÁIS LUCIDA TIVEMOS ONTE.
ESTE OUTONO CADROUNOS UN TEMPO FANTÁSTICO.
COAS CASTAÑAS E A LEÑA QUE TRUXERON DE CASA, JOSE PUIDO ASAR AS CASTAÑAS E KARL, O LECTOR DE INGLÉS QUE TEMOS ESTE CURSO, DESCUBRIU UNHA DAS NOSAS TRADICIÓNS DE OUTONO: O MAGOSTO
PASAMOS BOA PARTE DA MAÑÁ AO AIRE LIBRE ENTRE XOGOS E CASTAÑAS.
O ALUMNADO FOI ROTANDO POLOS XOGOS CO SEU GRUPO, GARDANDO AS DISTANCIAS E CON DESINFECCIÓN DE MANS NOS CAMBIOS DE XOGOS.
ESPERAMOS PODER FACER O PRÓXIMO NOVEMBRO OS XOGOS TRADICIONAIS COAS FAMILIAS.
ANTES DE REPARTIR AS CASTAÑAS
ENTREGAMOS OS AGASALLOS DO CONCURSO DE CABAZAS.
FINALMENTE MERENDAMOS AS CASTAÑAS QUE ENCHÍAN OS CUCURUCHOS QUE FIXEMOS.
QUE BOAS E QUENTIÑAS ESTABAN!!
ABURIÑO!!
¡OLLO! COAS DISTANCIAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario