sábado, 30 de abril de 2022

A VOAR! Cé Orquestra Pantasma.

  OOOOLA!

DENTRO DAS ACTIVIDADES DO MES DE ABRIL, TODO O COLECTIVO GOZOU DUNHA XORNADA DE TEATRO AO AIRE LIBRE DA MAN DE CÉSAR, O HOME ORQUESTRA.

    PRESENTOUNOS O SEU ESPECTÁCULO  A  VOAR!

 CO SEU BEN FACER,  FIXO BAILAR,  CANTAR, RIR E GOZAR   CONTANDO E CANTANDO A HISTORIA DA VIAXE DE

XOANIÑA Xoana.

    ADEMAIS DE CONTAR, CANTAR, TOCAR O BOMBO, OS PRATOS, A HARMÓNICA E  O ACORDEÓN TODO Á VEZ, 

 FÍXONOS PARTICIPAR ACTIVAMENTE NO ESPECTÁCULO. 

ERA BASTANTE COMPLICADO ESCOLLER ALGUÉN ENTRE TANTA MAN LEVANTADA.

    ATRAPOUNOS COAS AVENTURAS DE  XOANA

Farruco, Caralampio,  Rosalía e  Martiño.

CONSEGUIU QUE VOARAMOS DE LEDICIA NENOS, NENAS E PROFES.

COMO BEN SE VE, O ÉXITO FOI TOTAL.

LOGO DE TANTA TROULA,  HOUBO UN ÚNICO PROBLEMA... 

 "RETOMAR A XORNADA ESCOLAR" 

MAIS CO BO DÍA QUE FACÍA TIVEMOS MÁIS ACTIVIDADES FÓRA QUE DENTRO.

MERECIDOS FORON OS MOITOS APLAUSOS QUE LEVOU.

 GRACIÑAS POR ESTA MARABILLOSA XORNADA. 

ABURIÑO!!

OLLO, QUE XA QUEDA MENOS!!

Plan Director

   Chegou o día no que todo o alumnado de 6º de primaria recibiu o seu carné de Ciberexpert@s.

Para facer a entrega, viñeron ao colexio a Subdelegada do Goberno, o Comisario da Policía Nacional de Pontevedra 

e os axentes da Policía Nacional Roberto e Antón, que foron os encargados de darlles a formación. 

Ao longo de varias xornadas ensináronlles e fixeronlles ver  as precaucións que hai que ter ao navegar na internet, coas redes sociais,

a cantidade de información nosa que deixamos  sen saber cun so like,... entre outras cousas.

Logo dunhas palabras procederon a entregarlles cadanseu carné de Ciberexpert@s

Co acto de entrega dos carnés, rematamos a actividade de formación no aveiro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna  deste curso.

Contamos o curso que ven continuar con este programa.

xoves, 28 de abril de 2022

Xoves 28 de abril

 OOOOLA!!

ESTOU MOI LEDO PORQUE ESTAMOS A RECUPERAR AS ACTIVIDADES COAS FAMILIAS E CON VISITAS DENTRO DO CENTRO.

VAIA DÍA O DE HOXE, CARGADIÑO DE ACTIVIDADES:

PRIMEIRO VEU COA SÚA “ORQUESTRA PANTASMA” PARA FACERNOS GOZAR E BAILAR,  XA BEN CEDO.

SEGUNDO, VIÑERON A ENTREGAR OS CARNÉS DE CIBEREXPERT@S A O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA, PERO E QUE TAMÉN VIÑERON A SUBDELEGADA DO GOBERNO, O COMISARIO DA POLICÍA NACIONAL DE PONTEVEDRA ADEMAIS DOS DOUS AXENTES QUE VIÑERON AO LONGO DO CURSO PARA FORMAR AOS NENOS E NENAS DE 6º SOBRE OS PERIGOS DA INTERNET.

E POR ÚLTIMO, E NON MENOS IMPORTANTE, VIÑERON HOXE A NAI DE BALBINO  E OS PAIS DE FONSI DE 6º E 5º DE INFANTIL RESPECTIVAMENTE, DENTRO DA ACTIVIDADE DE “AS FAMILIAS CONTAN”.

UFF!!    QUEEEE DÍA!!  POR HOXE NADA MÁIS.

 XA VOS COLGAREI NO BLOG AS FOTOS CANDO AS XUNTE TODAS.

ABURIÑO!!

TEDE COIDADO!!

sábado, 23 de abril de 2022

Libros a fóra

 OOOOLA!

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Cartel editado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade

    COMO ESTE 23 DE ABRIL CADRÓU EN SÁBADO, A XORNADA DE APADRIÑAMENTO LECTOR LIBROS A FÓRA” FIXÉMOLA ONTE.

    FOI UNHA MÁGOA NON PODER FACELA FÓRA, NO PATIO, AO FINAL TIVEMOS QUE FACELA “DENTRO” XA QUE AS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS NON DERON TREGUA (CHOVÍA A CACHÓN) E TOCOU FACELA BUSCANDO ACOUGO POR TODO O EDIFICIO.

 COMO GOCEI ESCOITANDO AS VOSAS LECTURAS!! 

    BUSCASTES AGOCHO PARA LER, CONTAR E MESMO COÑECER A NENOS E NENAS COS QUE NIN TAN SEQUERA NO RECREO VIRADES TAN PRETO VOSA.

   PARA DESENVOLVER ESTA ACTIVIDADE TODOS OS ANOS É FUNDAMENTAL

O APOIO D@S VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA.

ENCARGÁRONSE DE IR RECOLLER ÁS AULAS  AOS MÁIS CATIVOS, 

RECOLLERON E ORDENARON O MOBILIARIO DA BIBLIOTECA QUE ESTABA POLOS CORREDORES.

 QUE GOZADA PECHAR OS OLLOS E ESCOITARVOS LER Á VEZ A TOD@S VOS...

OLLADE COMO DISCORREU A XORNADA:

AS VOSAS FAMILIAS ESTÁN COLABORANDO MOITÍSIMO, COMA SEMPRE, PARTICIPANDO NAS PROPOSTAS QUE SE FAN DENDE A BIBLIOTECA.
COMO TODAVÍA QUEDA  MES DOS LIBROS  POR DIANTE, SEGUEN VINDO POLO COLEXIO PAIS, NAIS, TÍAS,... A LER NO PATIO,OU NA AULA, PARA TODA A CLASE DENTRO DA “AS FAMILIAS CONTAN” CONTINÚA DESENVOLVÉNDOSE.

EN CANTO REMATE ESTA ACTIVIDADE FAREIVOS UNHA ENTRADA.

ABURIÑO!!

¡OLLO! COAS DISTANCIAS

venres, 22 de abril de 2022

O meu cole na historia

    O curso pasado veu ao noso colexio o ilustrador Carlos Taboada e pintou un mural no que se ve reflectido o máis salientable da historia da contorna de Pontesampaio.

    Esta iniciativa, está dentro do programa “O teu cole na historia, coñecendo a nosa contorna”,  da  Concellería de Educación do Concello.

    Naquel momento non podiamos ter visitas dentro do colexio así que moitos de vos atopastes o mural feito dun día para outro.

    Onte, viñeron Carlos e Roberto,os dos son parte do colectivo Polo correo do vento.

   Primeiro foi o alumnado de Infantil o que gozou cunha sesión de animación con eles.

Despois chegoulle o turno ao alumnado de 1º e 2º de Primaria.

   Explicaron  porqué escolleron esas ilustracións para pintar e decoral o noso mural.

Compartiron información, música e un debuxo dunha traballadora de PONTESA, que 

Carlos foi facendo á vez que conversaba cos nenos e nenas e Roberto tocaba.

    Aprenderon tamén a signar algunha acción e a aplaudir con lingua de signos.

    Agora xa coñecen ao ilustrador que  pintou o mural e falaron con el.

    Repartiron cadanseu folleto no que están todos os murais que pintou Carlos nos colexios do concello de Pontevedra.



sábado, 9 de abril de 2022

Recomendacións lectoras 2º Trimestre

 OOOLA!!  


MIRA QUE FOI LONGO ESTE SEGUNDO TRIMESTRE.

O MELLOR QUE TEN E QUE O ÚLTIMO VAI SER VISTO E NON VISTO.

HAI DOUS ANOS ESTABAMOS CONFINADOS NA CASA SEN PODER SAÍR, O CURSO PASADO MELLOROU A COUSA E AGORA PODEMOS QUIATR AS MÁSCARAS NO PATIO.

COMO BEN SABEDES, ESTES DIAS SON FANTÁSTICOS PARA ADICARLLE UN TEMPO Á LECTURA.

PARA DESPISTADES QUE NON SE LEMBRE ONDE TEN O TRÍPTICO QUE VOS FIXEN, DÉIXOVOS  AQUÍ UNHA COPIA DIXITAL, POLAS DUDAS.

ESTA TERÉDELA SEMPRE A TOQUE DUN CLIC.

 ESCOLLEDE OS QUE MÁIS VOS GUSTEN.
E A GOZAR!!!

ABURIÑO!!