DÉIXOVOS ESTA GUÍA PARA QUE NOS MOMENTOS DE LECER QUE TEÑADES (NON SERÁN POUCOS) POIDADES LER, ESCOITAR, VER E XOGAR AO LONGO DESTES DÍAS DE VERÁN.
Biblio Pinco
Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio.
mércores, 18 de xuño de 2025
Recomendacións Lectoras de Verán
DÉIXOVOS ESTA GUÍA PARA QUE NOS MOMENTOS DE LECER QUE TEÑADES (NON SERÁN POUCOS) POIDADES LER, ESCOITAR, VER E XOGAR AO LONGO DESTES DÍAS DE VERÁN.
venres, 30 de maio de 2025
Relato curto
ESTOU CONTENTÍSIMO DE QUE
MARIÑA FORA FINALISTA NESTA
XI EDICIÓN DO RELATO CURTO
QUE CONVOCOU A FANPA.
PAULA CARBALLEIRA, NIN MÁIS NIN MENOS…
COMPARTO CON TODOS O TEU RELATO
“VIVIR NA
XUNQUEIRA” :
Cando eu era pequena leváronme ao meu fogar, que era
preto do parque infantil da Xunqueira.
Eu era moi guapa: tiña a pel bastante bronceada polo sol
e uns días levaba un vestido verde, outros un vestido verde con flores brancas
e outros o vestido verde con puntos laranxas, todos eles moi fermosos.
A maioría da xente que ía ao parque ignorábame, pensaba
que non podía falar e que non era divertida. Había algúns nenos como Cibrán,
André, Carol e Mariña que xogaban comigo cando ían ao parque. Que feliz me
sentía eu! Ata se lembraron do meu aniversario e preparáronme unha torta de
laranxa e déronme un agasallo: un vestido verde, amarelo e marrón.
Pensaredes que agora xa era todo era felicidade, non?
Pois estades equivocados. Un día viron uns homes gritando que me querían
acoller e coidar eles mesmos de min. Eu non sabía que facer, encantábame o meu
fogar agora que tiña amigos. E de súpeto apareceron os meus amigos defendéndome
e sumóuselles todo o pobo. Os homes déronse por vencidos e deixáronme quedar en
Ponte Sampaio o resto da miña vida. E con esas marcharon moi enfadados diante
da feliz xente do lugar.
E así foi a vida da laranxeira do parque da Xunqueira.
![]() |
Mariña na Biblioteca |
NORABOA, MARIÑA!!!
xoves, 15 de maio de 2025
AS FAMILIAS CONTAN
Levamos xa uns cursos convidando ás familias a compartir arredor do mes dos libros, lecturas compartidas coas clases do seus fillos ou fillas.
Unha veces foi nas aulas, outras fóra.
Esta é unha pequena mostra das familias colaboradoras, máis foron máis as que participaron.
martes, 13 de maio de 2025
Saída á biblioteca de Arcade.
OOOOLA!!
DENTRO DAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS POLA BIBLIOTECA ARREDOR DA SEMANA DO LIBRO PROCURAMOS VISITAR A BIBLIOTECA DE REFERENCIA DA NOSA CONTORNA COA QUE COLABORAMOS DENDE HAI MÁIS DUNHA DÉCADA.ESTE
CURSO TODO O ALUMNADO DE E. INFANTIL, MAILO DO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA,
ACHEGÁRONSE ESTE XOVES A ARCADE A VISITAR A BIBLIOTECA “LUÍS SEOANE”.
ACOMPAÑOUNOS O TEMPO E TIVEMOS UNHA ANDADA BEN AGRADABLE.
A PRIMEIRA QUENDA FOI PARA O ALUMNADO MÁIS CATIVO E AO REMATAR COMEZOU A VISITA DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA.
MAR ESTABA ESPERÁNDONOS NA ENTRADA DA BIBLIOTECA.
ELA FOI QUEN LLES ENSINOU Á BIBLIOTECA E
ESCOLLEU, ENTROUTROS CONTOS O LIBRO DE ERIC CARLE
“ UN JUEGO ”
E TODOS QUERÍAN XOGAR...
LOGO DE EXPLICARLLES MAR QUE DEIXARAN OS CONTOS NAS MESAS, TIVERON UN TEMPIÑO PARA LER E OLLAR
AO
SAÍR OS MÁIS PEQUENOS ENTROU A SEGUNDA QUENDA COA RAPAZADA DO 1º CICLO.
GOZARON
DUNHA CONTADA ANTES DE TER TEMPO LIBRE
PARA BUSCAR E LER OU SIMPLEMENTE OLLAR OS CONTOS QUE LLES RESULTARON MÁIS ATRACTIVOS DE TODA A COLECCIÓN DISPOÑIBLE.
POLO
CAMIÑO FIXÉRONSE ESTA BONITA FOTO COMO LEMBRANZA DESTE DÍA.
domingo, 11 de maio de 2025
Pontenciencia
OOOOLA!!
Outro curso máis participamos na Feira de
Miniciencia: Pontenciencia.
O título do traballo é:
“A fase lunar e o crecemento do cabelo”.
Por esta investigación acadaron o terceiro
premio do certame.
A hipótese da investigación era para
comprobar se era certo o que din os maiores de que ao cortar o pelo cando está
a Lúa minguante medra menos ou polo contrario ao cortalo en crecente medra máis.
Montaron o seu espazo na Escola de Forestais.
Gozaron de diferentes actividades e obradoiros de ciencia e foron ollando os traballos dos outros colexios e das familias.
Defenderon con nota a súa investigación,
explicándolle ao xurado e a quen pasou polo seu espazo o traballo feito.
Noraboa ao alumnado de 5º curso de
primaria polo traballo ben feito.