Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 16 de decembro de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

 OOOLA!!



COMO IDES TER MOITO TEMPO SEN CLASES ESTES DÍAS QUE VEÑENDEÍXOVOS UNHAS SUXERENCIAS  PARA LER ESTAS VACACIÓNS DE NADAL.
LEMBRADE PEDIRLLE AOS REIS MAGOS, AO APALPADOR OU A PAPÁ NOEL UN LIBRO.
APERTAS!!

luns, 28 de novembro de 2022

Radio na Ponte

 Xa comezaron as emisións en directo de Ponte na Radio”. Aproveitando que hoxe era un día tan sinalado, no recreo as Voluntarias Diana Xiana foron as encargadas da primeira emisión en directo da nosa Radio Escolar.

Nesta primeira entrega lembraron a importancia deste día facendo fincapé en que non se trata de facer unhas actividades no propio Día, senón que é unha actitude a manter ao longo da nosa vida.

Remataron poñendo un par de cancións solicitadas

da sección "DEDÍCOCHA", adicadas a alumn@s do cole.

Esta actividade vaise realizar os venres. 

Constará cunha emisión en directo na que se incluirán peticións de cancións, retos, preguntas e calquera nova que xurda ao longo da semana.

Xa vos iremos contando.

domingo, 27 de novembro de 2022

OS CONTOS TAMÉN ABREN PORTAS CARA A IGUALDADE

  Como o PDI deste curso céntrase nos "contos", buscamos un lema relacionado con este:

“Os  contos  tamén  abren  portas  cara  a  igualdade” 

Expuxemos no corredor  unha escolma de fondos relacionados dalgunha forma coa violencia de xénero e a igualdade.

Ao longo da semana en todas as aulas foron coloreando unhas bolboretas,   para pegar nunha porta violetacomo na canción de Rozalén, que pintou a rapazada de Infantil.

Esta porta foi a base para realizar unha montaxe tridimensional 

Ao longo de varios recreos, un grupo de voluntari@s da biblioteca escolleron e prepararon o texto e as peticións de cancións para a primeira emisión do programa de radio  "Radio na Ponte" no recreo, repararon lecturas para ir a todas as clases na hora de ler despois do acto do centro na entrada do colexio o venres 25.

Comezamos o acto cunhas palabras do director Avelino relacionando o lema escollido co  Proxecto de Centro deste curso.

Gardamos un minuto de silencio por todas aquelas que xa non están.

Contemplamos o resultado do traballo cooperativo namentres cantamos a canción “A porta Violeta” de Rozalén cantando coas Tanxugueiras os coros en galego. Entramos ás aulas para gozar dunhas lecturas compartidas c@s voluntari@s da Biblioteca nas aulas.

Daniela e Xiana contaron "A historia dos bonobós con gafas" de (Adela Turín), na aula de 4º de Primaria.

 




Na aula de 5º de Infantil contaron  Mencía e Gabriel de sexto curso, 
a historia de  "Rosa Caramelo" de (Adela Turín),
e  da mesma autora, "Artur e Clementina",  foi a obra escollida por Diego, Lucía F. e Claudia de 5º P. para contar na clase de terceiro curso
 Andrea e Xurxovoluntari@s de 5º P., foron contar á clase de Infantil de 3 anos  a historia de  "Peúgo, o calcetín melenudo"


 
 de  Jessica Rodríguez con monicreques incluídos, que estivo presentando no noso colexio este conto o curso pasado.
Rubi,  a asistente de conversación de inglés, recentemente chegada de Inglaterra,  foi a encargada  da lectura de "It´s a pain to be a princess!
  de Carmen Gil  para o alumnado de 5º e 6º curso de Primaria. 
Eloy e Noa , de 5ºcurso, escolleron e prepararon para contar en 6º curso de Infantil o libro de Raquel Díaz:  "Yo voy conmigo"
 As voluntarias de 6º curso de Primaria Noa e Marta foron co conto de 
"Maruxa", 
da autora Eva Mejuto  á clase de primeiro de Primaria.
Á vista está o que lles prestou!
 Xabier e Uxía, voluntari@s de 5º P.  foron a clase de 2º de Primaria para lles contar "O libro dos porcos" de Anthony Brown  


xoves, 24 de novembro de 2022

"A aventura de aburrirse"

Este mércores o alumnado de 1º e 2º de Primaria foi ao teatro en Pontevedra. 

“A aventura de aburrirse” era o título da obra que representaba a compañía L’Estaquirot Teatre no auditorio de Afundación de  ABANCA.

 O argumento da obra , trataba dunha rapariga que, tendo todo canto xoguete podía ter, non era quen de xogar ela soa e andaba, case que sempre, aburrida coma unha ostra.

Un parruliño de goma, fai que todo cambie un día cando estaba na casa da súa avoa.

Gozaron coa representación  e sobretodo cos inchables xigantes.

Aburridos, o que se di aburridos, non quedaron; máis ben sóubolles a pouco e quedaron  con gañas de máis.

domingo, 20 de novembro de 2022

20 N

Hoxe, 20 de novembro, conmemórase o día Mundial dos Dereitos da Infancia.

No noso colexio afondamos, estes días, máis polo miúdo o seu significado.

Colaboraron entre varias aulas para realizar unha montaxe na entrada do centro visualizando en forma de libros e cun mural os dereitos dos nenos e das nenas.

Aprendemos a canción “Los derechos humanos, tu mejor instrumento” (Pedro Calero e Mili Vizcaíno) e preparamos unha coreografía para acompañala.

Ao longo da semana foron pasando na Hora de Ler as Voluntarias polas clases para aprenderlles, cunha paciencia infinita, á rapazada máis miúda

 os distintos xestos e movementos preparados pola mestra de música Neli.

O venres, xuntámonos no patio, aproveitando un claro  sen chuvia, para conmemorar este día tan importante.

Logo da presentación do acto cantamos e bailamos todos xuntos.

O resultado tédelo neste vídeo.

xoves, 17 de novembro de 2022

SAÍDA AO MERCADO

Hoxe visitamos o Mercado de Abastos de Pontevedra.

A primeira hora  as clases de 4º e 6º de Infantil e cando remataron, comezaron a súa visita 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria.

Coincidimos á hora da merenda. 

Visitaron os postos de peixe e marisco.

 Aprenderon distinguir o peixe azul do peixe branco, as femias  dos machos de crustáceos como as  centolas e as nécoras;

 

viron  polbos, tiburóns,  mantas raias,... 

Pasaron tamén pola chacinería e aprenderon os distintos nomes que ten a cabeza do porco

cacheira, cachucha, cachola, cachaza.

A visita rematou indo ao espazo do Ganapán, no primeiro andar do edificio.

Alí fixeron diferentes actividades.

martes, 15 de novembro de 2022

Un Mago na Lúa

    OOOLA!! 

O ALUMNADO DE 2º A 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DESFRUTOU DA ACTIVIDADE

 “UN MAGO NA LÚA. A ARTE MÁXICA DO ASOMBRO”, UN ESPECTÁCULO CREADO POLO ILUSIONISTA PEDRO VOLTA E QUE AMOSA A EVOLUCIÓN DA MAXIA AO LONGO DA HISTORIA, ASÍ COMO A HISTORIA DOS MAGOS MÁIS IMPORTANTES DA HISTORIA.

MENUDA MONTAXE TIÑA MONTADA NA SALA DE USOS MÚLTIPLES.

NON HOUBO QUEN NON QUEDARA ABRAIADO COS TRUCOS COS QUE “FLIPAMOS”

O ALUMNADO E O PROFESORADO PUIDERON PARTICIPAR NOS DISTINTOS TRUCOS (DE CARTAS, DE ESCAPISMO...) QUE REALIZOU O COÑECIDO ILUSIONISTA.


PASÁRONO EN GRANDE COA ACTUACIÓN, Á VEZ QUE COÑECERON UN POUCO MÁIS ACERCA DA EVOLUCIÓN E DA HISTORIA DA MAXIA.

O PROFE IAGO E O PROFE ALEJANDRO SAÍRON DE “VOLUNTARIOS” PARA AXUDARLLE A FACER UNS TRUCOS.

AO FINAL HOUBO COLA PARA QUE ASINARA UNS AUTÓGRAFOS.

para ver máis:

DEIXOU PARA A BIBLIOTECA DOUS EXEMPLARES DO SEU LIBRO “O PAZO MÁXICO” CUNHA DEDICATORIA. 

 AÍNDA NON DERA TEMPO A REXISTRALOS NO CATÁLOGO DA BIBLIOTECA E 

¡¡XA HABÍA LISTAXE DE ESPERA PARA LEVAR PRESTADOS!!

TRANQUILIDAD, ESTA SEMANA QUEDAN PREPARADOS😉 

APERTAS!!