Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de marzo de 2022

Día da Poesía

OOOOLA!!




HOXE CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA POESÍA. 


DEDICAMOS A SEMANA PASADA A LER E ESCOLLER POEMAS DE DIFERENTES AUTORES E AUTORAS      

 6º PRIMARIA RECITA PARA 4º INFANTIL 

PARA PODER AGASALLAR ÁS OUTRAS CLASES CO RECITADO DESTAS POESÍAS.

 5º PRIMARIA RECITA PARA 5º INFANTIL 

AO LONGO DAS SESIÓNS DE HORA de LER,

 4º PRIMARIA RECITA PARA 2º PRIMARIA 
PEQUENOS GRUPOS DE ALUMNAS E ALUMNOS FORON
 3º PRIMARIA RECITA PARA 1º PRIMARIA 
ROTANDO POLAS OUTRAS AULAS PARA LER OU
 2º PRIMARIA RECITA PARA 6º PRIMARIA 

 RECITAR POEMAS DE:GLORIA FUERTES,

 1º PRIMARIA RECITA PARA 5º PRIMARIA 

MARISA LÓPEZ DÍAZANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, 

 6º INFANTIL RECITA PARA 3º PRIMARIA 

 MANUEL MARÍA,ANISIA MIRANDA,FRAN ALONSO,...

 5º INFANTIL RECITA PARA 3º PRIMARIA  

HOXE TAMÉN CONMEMÓRASE DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN.
O COLEXIO SUMOUSE A PROPOSTA DE DOWN GALICIA  "GRACIAS POR TANTO” :

ABURIÑO!!

¡OLLO!  COAS DISTANCIAS

luns, 28 de febreiro de 2022

Rosalía de Castro 23 F

 

Outro ano máis gozamos da presenza das familias neste homenaxe a Rosalía de Castro, no ano que se celebra o seu nacemento o propio día, e non o do seu bautizo.

As familias participantes prepararon un poema nas casas para declamalo nun pequeno acto conmemorativo.

Seguindo a proposta da AELG,  plantamos pensamentos nas macetas das clases, limos o poema do corredor con pictogramas, houbo debuxos da súa faciana e souberon que os pensamentos eran  as flores preferidas de rosalía.

A celebración do acto na pista do patio foi presentada polo alumnado voluntario, leron as nenas e os nenos coas familias, mestres, representantes da ANPA e ao final recibiron cadanseu planta de ... Pensamento.


Graciñas a toda a comunidade educativa por apoiarnos.

xoves, 25 de marzo de 2021

Dia de Rosalía

Dentro do Calendario do Libro e da Lectura, coincidindo coa data do seu nacemento no ano 1837, o 24 de febreiro celébrase o 

Día de Rosalía de Castro.

Na hora de ler, nas aulas do colexio limos versos dos poemas escollidos e o alumnado plasmou a súa faciana con variados estilos plásticos.



As cancións do disco “Rosalía pequeniña” de Uxía amenizaron a nosa xornada.

Estes últimos cursos, as familias da Comunidade Educativa deste centro están colaborando con nós na lectura dunha  escolma de breves textos dos poemas da autora homenaxeada.

celebración dun acto conmemorativo, no que se lee unha escolma  na sala usos múltiples.

Contamos con que máis adiante poidamos retomar este bo costume e manteñamos a tradición. Estas son imaxes doutras celebracións:

Dia de Rosalía de Castro



sábado, 1 de febreiro de 2020

Conmemoración Dia da Paz

Este xoves houbo no centro co galo do DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA un acto conmemorativo.
O alumnado de todos os cursos amosou os cartaces que fixera nas distintas aulas. 
 Explicaron polo miúdo o que querían reflectir nas  súas creacións.

O enfoque da maioría dos traballos centrabase na realidade  cotiá  da violencia de xénero.
De seguido ían ao corredor para montar coas súas producións un gran  mural conmemorativo coma se foran fotogramas.


O alumnado de 6º de primaria declamóu unha escolma de poesías da paz de varios autores e autoras.
Logo de amosar todos os cartaces cantamos todos xuntos a canción ”Ou iso ou aquilo” de Sérgio Tannus.