Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

martes, 25 de outubro de 2022

Día Bibliotecas Escolares

    OOOOLA!! 

Xa estamos de volta!!

Celebramos hoxe o Día das Bibliotecas Escolares comezando a actividade das Mochilas Viaxeiras en Primaria.

Tamén foi o comezo da andaina d@s Voluntari@s da Biblioteca deste curso 2022-23 xa sen máscaras e 

a estrea do grupo de 5º curso de Primaria na Biblioteca.

Repartidos por pequenos grupiños 

foron pasando polas aulas na Hora de Ler 

para levarlles cadansúa mochila, explicarlles como tiñan que facer, 

e lembrarlles cando poden ir á biblioteca, as súas normas,

 Entregando a Mochila Viaxeira en sexto con PINCO 
 e moitas das cousas que poden facer alí.
 Para dinamizar este momento 
prepararon unha pequena dramatización coa axuda da profe Bea 
 Voluntari@s na aula de catro anos 
leváronme de paseo polas aulas
para presentarme ao novo alumnado do colexio.

APERTAS!!