Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta Integración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Integración. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de febreiro de 2023

Día de Rosalía

Conmemoramos cada curso no noso colexio o 23 de febreiro o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro y Murguía, en Santiago de Compostela (hai 186 anos),   poetisa e escritora galega.

Este ano, celebramos esta data  con distintas actividades nas diferentes aulas e algunhas outras todos e todas conxuntamente.

Nas aulas de infantil colorearon a súa faciana 

fixeron máscaras do mesmo tamaño para decorar os seu retrato

  e aprenderon o poema  
“Adiós ríos, adiós  fontes” 
 co a axuda de pictogramas.

 O programa de radio que prepararon @s voluntari@s esta semana, estivo dedicado como é lóxico a Rosalía de Castro. 

Fixeron a escaleta do programa contando o traballado nas aulas.

Convidaron a recitar uns poemas da autora homenaxeada  a uns alumnos da clase dos maiores na radio e emitir en directo para todo o colexio, 
e a as nenas e nenos da clase de 6º de Infantil que recitaron, 
cadanseu verso cos pictogramas do poema que aprenderan na aula.
Hoxe, co gallo do Día do Teatro  e de  Rosalíaprogramamos no centro unha sesión de contacontos na que participou todo o alumnado de Educación Infantile Primaria, polo que houbo de ser na sala de usos múltiples.

 A representación narraba a historia de Rosalía de Castro contada por unha periodista do século XIX que coñecía moi, moi ben tanto a súa vida como a súa bibliografía.

Ao longo da sesión ía facendo preguntas a cativos e cativas polo que sabían dela. 

O espectáculo foi moi ameno, didáctico e participativo. 

Tanto a rapazada máis cativa como a dos cursos superiores seguiron a actividade con moito interese e participando activamente. 

Por momentos preguntaba tamén en inglés algunha cuestión.

A actriz contacontos pertence a compañía de teatro “Trémola Teatro”. 

Rematou a sesión comentando que había unha estrela que leva o nome de Rosalía de Castro.

 Propuxo como tarefa pescudar cara onde hai que buscar no ceo para poder atopala. 

Case non a deixan recoller de tanto que lle querían preguntar.

A estas alturas, seguro que xa mirastes o ceo para dar con ela.

Non é doado vela a simple vista, pero si que podedes vela cuns prismáticos se sabedes onde mirar.

Neste vídeo explícanvos como atopala no ceo.

https://www.youtube.com/watch?v=Mp-CzAbfgok

Tamén podedes usar a aplicación   Stellarium   que vos axuda a atopala con maior facilidade, pero hai que escribir  HD 149143   na lupa da aplicación. Ese é a nomenclatura que tiña antes de bautizala como 

 Estrela Rosalía de Castro  

https://stellarium-web.org/

venres, 3 de xuño de 2022

Festival de Clipmetrajes


Este curso participamos de novo no Festival de Clipmetraxes de Mans Unidas. Coa grabación dun vídeo búscase a sensibilización e implicación na loita contra as inxustizas e desigualdades. Ata agora sempre participaba o alumnado de Relixión de 6º de Primaria, pero nesta ocasión o grupo de 5º de Primaria animouse tamén.


O tema proposto foi “Pon o foco nos esquecidos”, co que se pretendía visibilizar realidades que parece que non existen porque non son noticia...

  “Otras noticias te reclaman”, vídeo de 5º e 6º de Primaria


Neste vídeo amósase que hai novas que non saen con frecuencia nos medios ou que son só pequenos titulares. Darlles voz e protagonismo debe ser o noso maior reto.

  “Contrastes injustos”, vídeo de 6ºe 5º de Primaria

https://youtu.be/7NinymK4MFw  

O vídeo denuncia que estamos disfrutando de dereitos que moitas veces non valoramos. E para outros seres humanos conseguilos sería o seu maior soño. 

O alumnado participante estivo moi motivado, aportando ideas e suxerencias. E sobre todo amosaron un gran interese e sensibilidade hacia as persoas e colectivos “esquecidos”.

mércores, 1 de abril de 2020

Mércores 1 de abril

OOOLA!!  
AUGA E MÁIS AUGA 
CHOVA SOBRE NÓS
PARA QUE O TRIGO VEÑA FLORIDO; 
PARA QUE O CENTEO VEÑA BEN CHEO;
 PARA QUE A CEBADA VEÑA GRANADA.

      ESCOLLÍN DO REFRANEIRO GALEGO ESTE DITO.
CASE SEN ENTERARNOS ALÁ FOI MARZO E COMEZA O MES DE ABRIL.

 ABRIL É  MES DE MOITAS CONMEMORACIÓNS.

MAÑÁN, É O  DÍA MUNDIAL
 DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO.


NESTES DÍAS DE QUEDAR EN CASA, PODEDES UNIRVOS A ESTA CAMPAÑA PARA VISIBILIZAR O TEA FACENDO UNHA FOTO OU UN VÍDEO: 
MIRADE ESTE VÍDEO E APRENDEREDES ALGO MÁIS SOBRE O
TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA: 


ÁNIMO FAMILIAS !
TODO  VAI  A  IR  BEN!!