Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de decembro de 2023

VAIA RITMO!

 O ALUMNADO DO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA DESPRAZOUSE HOXE ATA PONTEVEDRA PARA GOZAR CON MOITO RITMO, DA OBRA DE TEATRO DA COMPAÑÍA Odaiko Percussion Group

A OBRA REPRESENTOUSE NO TEATRO DE AFUNDACIÓN.

 AO REMATAR A ACTUACIÓN OS COMPOÑENTES DO GRUPO POSARON CO ALUMNADO.


xoves, 2 de marzo de 2023

Nautilus

O grupo do segundo ciclo de E. Primaria, dentro  do proxecto anual do centro “Unha morea de contos”, está investigando e traballando os contos de aventuras.

Onte foi día de teatro en Pontevedra. As alumnas e os alumnos de terceiro e cuarto curso de primaria foron ver a obraNautilus. 20.000 leguas de viaxe submarino”,  da Compañía La Negra no teatro Afundación.

A proposta desta compañía, trataba esta obra clásica de Jules Verne  de aventuras, cun enfoque moi actual amosando un compromiso co medio ambiente e mirando con preocupación a conservación dos océanos.

Montaxe con imaxes de Afundación
https://drive.google.com/drive/folders/1rfVKjT8WpSL8x7tOvD5LAepWRB6j9zu2

Esta obra foi gañadora no ano 2020 do premio FETEN á mellor proposta orixinal.

Como o tempo acompañou, puideron merendar na Alameda, gozando do bo día e a compañía.

xoves, 24 de novembro de 2022

"A aventura de aburrirse"

Este mércores o alumnado de 1º e 2º de Primaria foi ao teatro en Pontevedra. 

“A aventura de aburrirse” era o título da obra que representaba a compañía L’Estaquirot Teatre no auditorio de Afundación de  ABANCA.

 O argumento da obra , trataba dunha rapariga que, tendo todo canto xoguete podía ter, non era quen de xogar ela soa e andaba, case que sempre, aburrida coma unha ostra.

Un parruliño de goma, fai que todo cambie un día cando estaba na casa da súa avoa.

Gozaron coa representación  e sobretodo cos inchables xigantes.

Aburridos, o que se di aburridos, non quedaron; máis ben sóubolles a pouco e quedaron  con gañas de máis.

sábado, 30 de abril de 2022

A VOAR! Cé Orquestra Pantasma.

  OOOOLA!

DENTRO DAS ACTIVIDADES DO MES DE ABRIL, TODO O COLECTIVO GOZOU DUNHA XORNADA DE TEATRO AO AIRE LIBRE DA MAN DE CÉSAR, O HOME ORQUESTRA.

    PRESENTOUNOS O SEU ESPECTÁCULO  A  VOAR!

 CO SEU BEN FACER,  FIXO BAILAR,  CANTAR, RIR E GOZAR   CONTANDO E CANTANDO A HISTORIA DA VIAXE DE

XOANIÑA Xoana.

    ADEMAIS DE CONTAR, CANTAR, TOCAR O BOMBO, OS PRATOS, A HARMÓNICA E  O ACORDEÓN TODO Á VEZ, 

 FÍXONOS PARTICIPAR ACTIVAMENTE NO ESPECTÁCULO. 

ERA BASTANTE COMPLICADO ESCOLLER ALGUÉN ENTRE TANTA MAN LEVANTADA.

    ATRAPOUNOS COAS AVENTURAS DE  XOANA

Farruco, Caralampio,  Rosalía e  Martiño.

CONSEGUIU QUE VOARAMOS DE LEDICIA NENOS, NENAS E PROFES.

COMO BEN SE VE, O ÉXITO FOI TOTAL.

LOGO DE TANTA TROULA,  HOUBO UN ÚNICO PROBLEMA... 

 "RETOMAR A XORNADA ESCOLAR" 

MAIS CO BO DÍA QUE FACÍA TIVEMOS MÁIS ACTIVIDADES FÓRA QUE DENTRO.

MERECIDOS FORON OS MOITOS APLAUSOS QUE LEVOU.

 GRACIÑAS POR ESTA MARABILLOSA XORNADA. 

ABURIÑO!!

OLLO, QUE XA QUEDA MENOS!!

xoves, 28 de abril de 2022

Xoves 28 de abril

 OOOOLA!!

ESTOU MOI LEDO PORQUE ESTAMOS A RECUPERAR AS ACTIVIDADES COAS FAMILIAS E CON VISITAS DENTRO DO CENTRO.

VAIA DÍA O DE HOXE, CARGADIÑO DE ACTIVIDADES:

PRIMEIRO VEU COA SÚA “ORQUESTRA PANTASMA” PARA FACERNOS GOZAR E BAILAR,  XA BEN CEDO.

SEGUNDO, VIÑERON A ENTREGAR OS CARNÉS DE CIBEREXPERT@S A O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA, PERO E QUE TAMÉN VIÑERON A SUBDELEGADA DO GOBERNO, O COMISARIO DA POLICÍA NACIONAL DE PONTEVEDRA ADEMAIS DOS DOUS AXENTES QUE VIÑERON AO LONGO DO CURSO PARA FORMAR AOS NENOS E NENAS DE 6º SOBRE OS PERIGOS DA INTERNET.

E POR ÚLTIMO, E NON MENOS IMPORTANTE, VIÑERON HOXE A NAI DE BALBINO  E OS PAIS DE FONSI DE 6º E 5º DE INFANTIL RESPECTIVAMENTE, DENTRO DA ACTIVIDADE DE “AS FAMILIAS CONTAN”.

UFF!!    QUEEEE DÍA!!  POR HOXE NADA MÁIS.

 XA VOS COLGAREI NO BLOG AS FOTOS CANDO AS XUNTE TODAS.

ABURIÑO!!

TEDE COIDADO!!

mércores, 28 de abril de 2021

As fabas máxicas

 Está claro que non é o mesmo, pero as nenas e os nenos das tres aulas de infantil, estaban ansiosos porque sabían que hoxe había teatro.

Conectamos as mestras en streaming co A Fundación par ver na pantalla a representación da obra "As Fabas Máxicas" da compañía Caramuxo Teatro.



Pasárono bomba cos monicreques. 

Nas aulas houbo un traballo previo e posterior á representación e relacionado co proxecto do colexio “Apadriña unha Maceta”.

 

A vantaxe de non estar nunha sala foi que puideron bailar coa música da montaxe.

venres, 27 de marzo de 2020

Venres 27


OOOLA!!

QUE POR QUE LEVO ESTAS CAROUTAS?

PORQUE ESTAS MÁSCARAS SON O SÍMBOLO DO TEATRO.

PORQUE HOXE 27 DE MARZO CELÉBRASE O DÍA DO TEATRO E RÍNDOLLE UNHA HOMENAXE A TODO O MUNDO QUE CO SEU TRABALLO DAN FORMA FÍSICA AS OBRAS LITERARIAS QUE ESCRIBEN AS E OS DRAMATURGOS.

SABEDES CANTOS PROFESIONAIS FAN FALTA PARA PODER MONTAR UNHA OBRA DE TEATRO E LEVALA POLAS DISTINTAS SALAS PARA REPRESENTALAS? 
ISTO  É  UN  PINCO.RETO !!!

ESPERO RESPOSTAS DAS DIFERENTES PROFESIÓNS RELACIONADAS, EXPLICAMOS QUE É O QUE FAN, OU FACEMOS UN DEBUXO.

Á VOLTA DO COLE HABERÁ PREMIO PARA AS LISTAXES MÁIS LONGAS.

A VER QUEN SABE MÁIS!

PARA DARVOS UNHAS PISTAS DÉIXOVOS ESTES ENLACES PARA CELEBRAR ESTE DÍA.
AQUÍ NON FALAN!

AQUÍ NON PARAN DE FALAR!

ÁNIMO FAMILIAS!
TODO  VAI  A  IR  BEN!!

martes, 21 de maio de 2019

Merendando con Pan de Millo

OOOLA!! 
REMATAMOS AS ACTIVIDADES AO REDOR DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON MÚSICA.
QUE BEN O PASAMOS CO GRUPO MIGALLAS NO TEATRO DO SEXTO EDIFICIO DO MUSEO DE PONTEVEDRA!
CHEGAMOS CEDO, MERENDAMOS ÁS PORTAS DO MUSEO, SENTAMOS DIANTE DE TODO E PUIDEMOS FALAR ANTES DO ESPECTÁCULO CON MARÍA e CARLOS.

AÍNDA TEÑO GAÑAS DE COMER PAN DE MILLO DESPOIS DE CANTAR E BAILAR AS CANCIÓNS DE MIGALLAS QUE APRENDESTES NO COLEXIO: 
MIÑA ABUELA MANUELA, PAN DE MILLO,…

PREME NOS TÍTULOS PARA ESCOITAR ALGUNHAS DAS SÚAS CANCIÓNS.

DÉIXOVOS UN RESUMO EN IMAXES

ATA LOGUIÑO!

venres, 17 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

 Se o mércores os protagonistas foron os maiores de Boas Apertas, onte o protagonista  foi o alumnado  máis pequeno do colexio.
Finalizamos o xoves as actividades da Semana das Letras Galegas no colexio cun entrañable acto no que o alumnado de 1º de Primaria fixo unha magnífica representación da vida de Antonio Fraguas Fraguas dende o nacemento ao seu pasamento.
Participaron todas e todos apoiándose nunha montaxe audiovisual. 
Houbo narradoras e narradores, actrices e actores que contaron e representaron a súa vida dende o Antón máis neno ata o Antón máis velliño moi ben caracterizados, Garda Civil incluída.

Cautivaron a todo o público que seguiu a obra con gran atención, facendo máis dun papel con cambio de vestiario incluído.
Esta clase ten madeira de artistas.
Que ben o fixestes!
Noraboa á clase de primeiro pola obra.
Continuaron  recitando o poema de O casamento da mosca e a pulgaestreándose a clase de tres anos.
Antes do vídeo, os "maiores" de infantil recitaron "O raposo" lucindo as súas carautas.
A continuación, visionamos o vídeo que fixeron no IES de Cotobade "Antonio Fraguas e os seus mestres".

O alumnado de sexto curso elaboróu un traballo sobre a súa  vida, pero en versión Banda Deseñada.

  Repartíuse entre toda a Comunidade Educativa.
Aí volo deixamos: