Conmemoramos cada curso no noso colexio o 23 de febreiro o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro y Murguía, en Santiago de Compostela (hai 186 anos), poetisa e escritora galega.
Este ano, celebramos esta data con distintas actividades nas diferentes aulas e algunhas outras todos e todas conxuntamente.
Nas aulas de infantil colorearon a súa
faciana
fixeron máscaras do mesmo tamaño para decorar os seu retrato
e
aprenderon o poema
“Adiós ríos,
adiós fontes”
co a axuda de pictogramas.
O
programa de radio que prepararon @s voluntari@s esta semana, estivo dedicado como é lóxico a Rosalía de Castro.
Fixeron a escaleta do programa contando o traballado nas aulas.
Convidaron a recitar uns poemas da autora homenaxeada a uns alumnos da clase dos maiores na radio e emitir en directo para todo o colexio,
e a as nenas e nenos da clase de 6º de Infantil que recitaron,
cadanseu verso cos pictogramas do poema que aprenderan na aula.
Hoxe, co gallo do Día do Teatro e de Rosalía, programamos no centro unha sesión de contacontos na que participou todo o alumnado de Educación Infantile Primaria, polo que houbo de ser na sala de usos múltiples.
A representación narraba a historia de Rosalía de Castro contada por unha periodista do século XIX que coñecía moi, moi ben tanto a súa vida como a súa bibliografía.
Ao longo da sesión ía facendo preguntas a cativos e cativas polo que sabían dela.
O espectáculo foi moi ameno, didáctico e participativo.
Tanto a rapazada máis cativa como a dos cursos superiores seguiron a actividade con moito interese e participando activamente.
Por momentos preguntaba tamén en inglés algunha cuestión.
A actriz contacontos pertence a
compañía de teatro “Trémola Teatro”.
.jpeg)
Rematou a sesión comentando que había unha estrela que leva o nome de Rosalía de Castro.
Propuxo como tarefa pescudar cara onde hai que buscar no ceo para poder atopala.
Case non a deixan recoller de tanto que lle querían preguntar.
A estas alturas, seguro que xa mirastes o
ceo para dar con ela.
Non é doado vela a simple vista, pero si que podedes vela cuns prismáticos se sabedes onde mirar.
Neste vídeo explícanvos como atopala no
ceo.
https://www.youtube.com/watch?v=Mp-CzAbfgok
Tamén podedes usar a aplicación Stellarium que vos axuda a atopala con maior facilidade, pero hai que escribir HD 149143 na lupa da aplicación. Ese é a nomenclatura que tiña antes de bautizala como
Estrela Rosalía de Castro
https://stellarium-web.org/