Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta A VOZ DO VERDUGO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A VOZ DO VERDUGO. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de maio de 2019

VISITA AO ALBERGUE


Dentro do proxecto anual deste curso O Camiño de Santiago, Tino Lores falaranos do Albergue de Pontevedra, e tiñamos a inquedanza de visitar e ver por dentro como era un dos albergues onde dormen as persoas que fan o Camiño.
A ocasión presentouse como un gran acontecemento para a nosa contorna, xa que temos a sorte de contar cun novo establecemento en Ponte Sampaio: “O MESÓN”, un Albergue turístico na rúa que lle da o nome.

Todo o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria participou nesta actividade.

Esta visita fixémola grazas á colaboración de Tomás, o pai de dúas alumnas do colexio que se prestou amablemente a ensinarnos o seu establecemento.



Contounos que pasaban peregrin@s de moitas nacionalidades, moitos portugueses, xaponeses,… e que se entendían falando sobre todo en inglés. Moitos xa fixeran antes o camiño francés, e bastante xente viaxaba  en solitario, coñecendo a outras persoas polo Camiño.
Ensinounos a cociña, a sala de estar, a recepción, as literas, as taquillas, os baños,...


Marie é unha peregrina francesa que botara andando 47 días e percorridos uns 1.200 quilómetros andando seguido. O martes levaba unha  semana aloxada no albergue despois da súa andaina. Accedeu a falar no local para o alumnado do colexio facendo un pequeno resumo da súa longa viaxe e contestando tamén con gran amabilidade as cuestións que xurdían ao longo do seu relato.


Á vez que faciamos a visita chegou un novo peregrino italiano e prestouse para que viran o que acontece cada vez que chega un novo peregrino ao albergue.
A mochila pesaba moito.
O folleto está na entrada.

Xa solicitaramos a Tomás axuda para contarlle
aos clientes que o noso colexio estaba a traballar o Camiño, por se colaboraban deixando escritas unhas palabras nun folleto feito por nós, e recoller historias da súa viaxe e editar con elas o décimo número do boletín escolar A VOZ DO VERDUGO. Está na recepción e xa ten algunha historia escrita.
 
Graciñas Tomás pola túa colaboración.

mércores, 10 de abril de 2019

A VOZ DO VERDUGO nº9

Xa temos un número máis do noso Boletín Escolar.
O contido dos artigos deste boletín xira arredor do  Camiño Portugués.
Ao longo do curso estase a traballar arredor do Camiño de Santiago, pero máis polo miúdo o Camiño Portugués, que é o que pasa pola nosa parroquia.

Este número plantexouse como un percorrido polos enclaves máis importantes polos que pasan os peregrinos e as peregrinas dende
Tui ata o Milladoiro, que é a última parada antes de chegar a Santiago de Compostela.



Noraboa polo traballo.

xoves, 22 de marzo de 2018

A VOZ DO VERDUGO Nº8

Xa temos un número máis do noso Boletín Escolar.

O contido dos artigos xira arredor de historias de mulleres da nosa contorna, algunha das cales forman parte do traballo que presenta o colexio para a edición deste ano do Salón do Libro: Mulleres de Conto.
Algunhas contadas en primeira persona e outras relatadas por alumnos do centro.

Agradecemos a  colaboración aos redactores e redactoras dos artigos deste número de A VOZ DO VERDUGO.
Esperamos continuar coa edición deste boletín coa vosa imprescindible colaboración.

mércores, 22 de novembro de 2017

A VOZ DO VERDUGO Nº7

Xa temos un número máis do noso Boletín Escolar.

Nesta ocasión, o contido dos artigos xira arredor da mirada e experiencias de familias e exalumnos/as deste colexio ao longo dos 35 anos de traxectoria vital do CEIP de Ponte Sampaio.



Agradecemos a  colaboración aos redactores e redactoras dos artigos deste número de A VOZ DO VERDUGO.
Esperamos continuar coa edición deste boletín coa vosa imprescindible colaboración.
Somos noticia en Pontevedraviva