Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 30 de maio de 2025

Relato curto

 OOOOLA!! 

ESTOU CONTENTÍSIMO DE QUE

 MARIÑA FORA FINALISTA NESTA  

XI EDICIÓN DO RELATO CURTO 

QUE CONVOCOU A FANPA.


RECIBIU O SEU DIPLOMA DAS MANS DE

PAULA CARBALLEIRANIN MÁIS NIN MENOS…

AGORA XA TES UNHA PUBLICACIÓN E ESPERO QUE SEXA A PRIMEIRA DE MOITAS MÁIS.

COMPARTO CON TODOS O TEU RELATO 

“VIVIR NA XUNQUEIRA” :

Cando eu era pequena leváronme ao meu fogar, que era preto do parque infantil da Xunqueira.

Eu era moi guapa: tiña a pel bastante bronceada polo sol e uns días levaba un vestido verde, outros un vestido verde con flores brancas e outros o vestido verde con puntos laranxas, todos eles moi fermosos.

A maioría da xente que ía ao parque ignorábame, pensaba que non podía falar e que non era divertida. Había algúns nenos como Cibrán, André, Carol e Mariña que xogaban comigo cando ían ao parque. Que feliz me sentía eu! Ata se lembraron do meu aniversario e preparáronme unha torta de laranxa e déronme un agasallo: un vestido verde, amarelo e marrón.

Pensaredes que agora xa era todo era felicidade, non? Pois estades equivocados. Un día viron uns homes gritando que me querían acoller e coidar eles mesmos de min. Eu non sabía que facer, encantábame o meu fogar agora que tiña amigos. E de súpeto apareceron os meus amigos defendéndome e sumóuselles todo o pobo. Os homes déronse por vencidos e deixáronme quedar en Ponte Sampaio o resto da miña vida. E con esas marcharon moi enfadados diante da feliz xente do lugar.

E así foi a vida da laranxeira do parque da Xunqueira.

Mariña na Biblioteca 

NORABOA, MARIÑA!!!

xoves, 15 de maio de 2025

AS FAMILIAS CONTAN

 

Levamos xa uns cursos convidando ás familias a compartir arredor do mes dos libros, lecturas compartidas coas clases do seus fillos ou fillas.


Unha veces foi nas aulas, outras fóra.

Esta é unha pequena mostra das familias colaboradoras, máis foron máis as que participaron.




Agradecemos ás familias a participación e o tempo compartido.

martes, 13 de maio de 2025

Saída á biblioteca de Arcade.

  OOOOLA!!  

DENTRO DAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS POLA BIBLIOTECA ARREDOR DA SEMANA DO LIBRO PROCURAMOS VISITAR A BIBLIOTECA DE REFERENCIA DA NOSA CONTORNA COA QUE COLABORAMOS DENDE HAI MÁIS DUNHA DÉCADA.


ESTE CURSO TODO O ALUMNADO DE E. INFANTIL, MAILO DO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA, ACHEGÁRONSE ESTE XOVES A ARCADE A VISITAR A BIBLIOTECA “LUÍS SEOANE”.

ACOMPAÑOUNOS O TEMPO E TIVEMOS UNHA ANDADA BEN AGRADABLE.

A PRIMEIRA QUENDA FOI PARA O ALUMNADO MÁIS CATIVO E AO REMATAR COMEZOU A VISITA DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA.

MAR ESTABA ESPERÁNDONOS NA ENTRADA DA BIBLIOTECA.

 ELA FOI QUEN LLES ENSINOU Á BIBLIOTECA E

AS SÚAS NORMAS CONSEGUINDO A ATENCIÓN DESTE PÚBLICO MIÚDO,
 DENDE O PRIMEIRO MOMENTO, COAS SÚAS ARTES DRAMÁTICAS.
LOGO DE FACERLLES A VISITA GUIADA, CHEGOU O MOMENTO DO CONTO.

ESCOLLEU, ENTROUTROS CONTOS O LIBRO DE ERIC CARLE

“ UN JUEGO ” 

E TODOS QUERÍAN XOGAR...

 E  A HISTORIA DE Daniela Kulot

“ UNHA PARELLA DIFERENTE ”

LOGO DE EXPLICARLLES MAR QUE DEIXARAN OS CONTOS NAS MESAS, TIVERON UN TEMPIÑO PARA LER E OLLAR

OS FONDOS DA BIBLIOTECA PARA INFANTIL.
CANDO CHEGOU A HORA DE MARCHAR Patricia, A BIBLIOTECARIA, AGASALLOU A CADA CATIVO CUN CONTO E

 UN MARCADOR, E CONVIDOUNOS TAMÉN A VISITAR A BIBLIOTECA COAS FAMILIAS  CANDO QUIXERAN.

AO SAÍR OS MÁIS PEQUENOS ENTROU A SEGUNDA QUENDA COA RAPAZADA DO 1º CICLO.

RECIBIUNOS NOVAMENTE MAR PARA FACER A VISITA GUIADA
 E EXPLICOULLES, MÁIS POLO MIÚDO, O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA.

GOZARON DUNHA CONTADA ANTES DE TER TEMPO LIBRE

PARA BUSCAR E LER OU SIMPLEMENTE OLLAR OS CONTOS QUE LLES RESULTARON MÁIS ATRACTIVOS DE TODA A COLECCIÓN DISPOÑIBLE.

REMATARON A VISITA GOZAR CON CALMA DOS DISTINTOS ESPAZOS DE LECTURA DAS INSTALACIÓNS.
E VAIA SE ASÍ O FIXERON!!

POLO CAMIÑO FIXÉRONSE  ESTA BONITA FOTO COMO LEMBRANZA DESTE DÍA.

SAÚDOS!!

domingo, 11 de maio de 2025

Pontenciencia

  OOOOLA!!  

Outro curso máis participamos na Feira de Miniciencia: Pontenciencia.

O título do traballo é:

A fase lunar e o crecemento do cabelo”.

Por esta investigación acadaron o terceiro premio do certame.

Foto diploma

A hipótese da investigación era para comprobar se era certo o que din os maiores de que ao cortar o pelo cando está a Lúa minguante medra menos ou polo contrario ao cortalo en crecente medra máis.

Montaron o seu espazo na Escola de Forestais.

Gozaron de diferentes actividades e obradoiros de ciencia e foron ollando os traballos dos outros colexios e das familias.

Defenderon con nota a súa investigación, explicándolle ao xurado e a quen pasou polo seu espazo o traballo feito.

Noraboa ao alumnado de 5º curso de primaria polo traballo ben feito.