Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

luns, 25 de febreiro de 2019

PINCOMANDA MARTES

 OOOLA!! 
PERO QUE POUCA VERGOÑA TEDES!
MIRA QUE VIR SEN VESTIR...!
 LEVADES UNS MODELIÑOS DE NOITE DO MÁIS VARIADO.



NON SE SALVARON NIN AS PROFES!!
QUE SIGA O ENTROIDO!

AÍ VOS VAI A SEGUINTE COMANDA:


ATA LOGO!

sábado, 23 de febreiro de 2019

 O alumnado de primaria participou en dúas sesións didácticas con educadores de SOGAMA para aprender máis sobre a reciclaxe e a xestión dos residuos.   
Aclaráronlle as súas dúbidas de cara, sobre todo, a que contenedor tiñan que ir unha morea de cousas diversas. 

    As sesións desenvolvéronse en dúas quendas, 1º, 2º e 3º de primaria, e 4º, 5º e 6º de primaria. 
Quedoulles ben clara  a regla dos 3 erres: 
REDUCIÓNREUTILIZACIÓN e RECICLAXE.

Saímos no xornal:





venres, 22 de febreiro de 2019

VERBATECA

     Hoxe foi un día moi intenso e cheo de actividades.

O alumnado de   5º e 6º de educación infantil participaron nunha actividade chamada VERBATECA.
 Os máis pequenos gozaron dunha chea de xogos no espazo de usos múltiples.

 A temática desenvolvida xirou arredor do mundo dos Piratas.
Ao final déronlles como agasallo un cofre cun tesouro dentro.

 Dúas marabillosas verbas:

   BOLBORETA e TESOURO.
A partir de agora vannos encher dunha morea de novas verbas.  

PINCOMANDA LUNS

OOOLA!!
COMEZAMOS CO ENTROIDO.
DE  HOXE NUNHA SEMANA, COMO XA VOS DIXEN, EIVOS DEIXAR UNHA PINCOMANDA DIARIA.
 SEDE O MÁIS ORIXINAIS QUE POIDADES.
LEDE AS RIMAS, E A DARLLE UNHA VOLTIÑA.


NON DEIXEDES DE LER AS PINCOMANDAS CADA DIA, OU NOS CARTEIS OU NO BLOG, NA CASA OU NA ESCOLA.
ATA LOGO!

mércores, 20 de febreiro de 2019

Entrega Carnés Ciberexpert@s

OOOLA!!

XA VOS COMENTARA QUE ESTABA PENDENTE A ENTREGA DOS CARNÉS DE Ciberxpert@s.

ONTE VIÑERON AO COLEXIO A FACER O ACTO DE ENTREGA:

A SUBDELEGADA DO GOBERNO EN GALICIAA COMISARIA DA COMISARÍA DE PONTEVEDRA
O INSPECTOR DO CENTROO DIRECTOR DO COLEXIO,  VARIOS AXENTES DA POLICÍA NACIONAL E UNHA CHEA DE PERIODISTAS.


LOGO DE FALAR AS DISTINTAS  AUTORIDADES, ENTREGÁRONLLES OS SEUS CARNÉS.
 
CANDO DESPOIS OS NEOS E NENAS COMEZARON A FACER PREGUNTAS, NON HABÍA QUEN OS PARARA.
NORABOA POR TER ACADADO O VOSO CARNÉ DE Ciberxpert@s! 
AGORA SO TEDES QUE APLICAR TODO O APRENDIDO.
ATA LOGUIÑO!