Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

mércores, 10 de febreiro de 2021

Xoves


 OOOLA!!  
           E TI..., DE ONDE VES SENDO?
ASÍ ME GUSTA!
CANTA VARIEDADE DE COLORIDOS E DE NACIONALIDADES.

MAÑÁ XOVES 11 DE FEBREIRO CONMEMÓRASE O 
DIA DA NENA E A CIENCIA.
AÍNDA QUE TRABALLEMOS NO COLEXIO POR IGUAL CAS NENAS E OS NENOS, ADICÁMOSLLE ESTE DIA ÁS FUTURAS CIENTÍFICAS, CIENTÍFICOS, INVESTIGADORAS E INVESTIGADORES DO FUTURO QUE TANTA FALTA FAN.
AÍ VOS VAI A PINCOMANDA DE MAÑÁ

LEVA SEMPRE A MÁSCARA!                   

LAVA AS MANS!

FORA VIRUS!

martes, 9 de febreiro de 2021

Pincomanda mércores

 OOOLA!!  

            POIS É CERTO, 
POUCA VERGOÑA TEDES,
 MAIS ISO ESTÁ MOI BEN
NUN ENTROIDO ENTROIDEIRO.


MAÑÁN TES QUE TRAER 
O QUE MANDO NO CARTEL

LEVA SEMPRE A MÁSCARA!                   

LAVA AS MANS!

FORA VIRUS!

luns, 8 de febreiro de 2021

Pincomanda martes

OOOLA!!  
            QUE VERGOÑA!
MELLOR DITO, QUE POUCA VERGOÑA TEDES...



AGORA TOCA  POLO MUNDO VIAXAR.
COÑECER OUTROS COSTUMES.
 APROVEITANDO ESE FEITO, 
 MAÑÁ... AÍ VOLO DEIXO 

LEVA SEMPRE A MÁSCARA!                   

LAVA AS MANS!

FORA VIRUS!

xoves, 4 de febreiro de 2021

PINCOMANDA LUNS

 OOOLA!!  

XA SABEDES EU QUEN SON,

E O QUE TRAIO NESTE BLOG.

SE QUEREDES TROULEAR

NO BLOG TENDES QUE BUSCAR.

ESTE ENTROIDO CONFINADO

É UN POUCO COMPLICADO

A MÁSCARA... VAI POR DECRETO

A CARA... É UN SEGREDO

MOITO OLLO  !NON PINTAR! 

A CARA, SEN MAQUILLAR.

COMPLEMENTOS, EU QUE SEI

NON OS PODEMOS TRAER.

ISTO TODO É O QUE TOCA

"TAPADE BEN ESAS BOCAS".

ESTE LUNS HAI TRADICIÓN, PODES VIR EN CAMISÓN.

LEVA SEMPRE A MÁSCARA!                   

LAVA AS MANS!

FORA VIRUS!

sábado, 30 de xaneiro de 2021

Viaxando por un mundo en PAZ

A conmemoración do Dia da Paz no colexio foi un pouco diferente ás dos anos anteriores. 

En cada aula traballamos arredor da figura dunha personaxe galardoada co premio Nobel da Paz de diferentes países. Pescudamos información das persoas e do país de procedencia para contextualizar os datos e aumentar os lugares do mundo polos que viaxamos seguindo o noso proxecto anual. 

Acordamos compartir todas as clases a información destas figuras relevantes da historia a través dunha exposición oral recollida nun vídeo.

Na clase de tres anos aprenderon moitas cousiñas sobre Nelson Mandela gañador doPremio Nobel da Paz en 1993. 

 LIU XIAOBO, foi galardonado co Premio Nobel da Paz no ano 2010. Na clase de 5º de infantil  aprenderon moito sobre el. 
A clase de 6º de infantil  investigou a figura deTERESA DE CALCUTA Premio Nobel da Paz en 1979.
Na clase de 1º de primaria pescudaron información sobre MALALA YOUSAFZAI Premio Nobel da Paz en 2014.

WANGARI MAATHAI foi a primeira muller africana en acadar o Premio Nobel da Paz no 2004. O alumnado da aula de 2º curso cóntanos porqué foi  galardoada. 
Na clase de 3º de primaria pescudaron información sobre RIGOBERTA MENCHÚ  Premio Nobel da Paz en 1992.
BARACK OBAMA  acadOU o Premio Nobel da Paz no 2009.
 O alumnado da clase de 4º curso conta porqué. 
Na clase de 5º de primaria pescudaron información sobre o Nobel da Paz que lle concederon á UNIÓN EUROPEA no ano 2012.
 
NADIA MURAD e DENIS MUKWEGE compartiron no ano 2018 o Premio Nobel da Paz 2018. O alumnado de 6º curso cóntanos porqué lles concederon este premio.

A tradición do colexio de cantar e bailar unha canción con esta temática mantivémola, iso si, con algún cambio polo protocolo Covid-19. 

Cantar, cantamos; bailar, bailamos, pero cada clase na súa aula. Xa o veredes.

Escollemos unha canción tradicional dos maorís de Nova Zelandia, cuxa cultura e filosofía céntrase no amor e o coidado que a maioría deste pobo sinte polo medio ambiente.

 ”Tutira Mai Nga Iwi”   

Esta  é a tradución da letra ao galego:

1, 2, 3, 4

Fagamos unha fila xuntos, xente

Todos nós, todos nós.

Fagamos unha fila xuntos, xente

Todos nós, todos nós.

Busquemos despois o coñecer

e amar aos outros, todos!

Actúa como un,

Pensa como un.

Todos nós, todos nós.

Todos nós, todos nós.

Hi aue hei!