Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

xoves, 17 de febreiro de 2022

Pincomanda do Luns

  OOOLA!! 

                    MIRA, HOXE HOUBO CONTO,

DE  TRES ANOS  ATA  SEXTO

ANTELA, NENA LARPEIRA

               APARECEU  DE  PRIMEIRA.

 

   CIGARRÓNS  E  ALGÚN  CHOQUEIRO

VAIA   XOVES  ENTROIDEIRO. 

XA  NON  PODO  ESPERAR  MÁIS!!

                        PINCOMANDA  HOXE  TERÁS!

ABURIÑO!!

¡OLLO!  COAS DISTANCIAS

Contos choqueiros

 OOOLA!! 

       Co gallo do Entroido, houbo hoxe

no colexio unha xornada  de

“Contos Choqueiros” 

para todos os cursos con

Pedro Brandariz.

Foron pasando pola sala de usos múltiples as tres clases de infantil, e de primeiro a quinto de primaria.

Alumnxs de 4º e 5º de infantil

Alumnxs de 4º e 5º de infantil
1º Primaria e infantil 5 anos

Alumnado de 1º de primaria e de 6º de infantil.










Participaron desta actividade en quendas de dúas clases cada unha.

3º e 4º curso de primaria.
Mantivéronse os  grupos separados e as fiestras abertas ao longo de toda a actividade, segundo marca o protocolo Covid do centro.

3º e 4º de primaria






4º e 5º curso de primaria.
O alumnado de 6º de primaria realizou esta actividade na súa aula.
Clase de 6º curso de primaria

Pedro amosou varios complementos dos disfraces do Entroido noutras zonas de Galicia  e ensinou como era a festa nas distintas localidades galegas.

 Levou os libros  “É tempo de Entroido” e “Non pare a festa: É tempo de Entroido”  de Ramón D. Veiga (Xerais)
e "Tomás o bromista" de Jorge Rico Ródenas de Kalandraka.

ABURIÑO!!

¡OLLO!  COAS DISTANCIAS

venres, 11 de febreiro de 2022

Día da nena e a ciencia.

OOOOLA!!

Este martes 8 todo o alumnado de primaria do colexio participou nunhas charlas virtuais argalladas por a asociación Aseica por mor do Día da Nena e a Ciencia. A través da iniciativa CONÓCELAS 2022, Aseica presenta ás "Detectives del cáncer".

Son un equipo que potencia a labor das mulleres investigadoras de cancro en España, concienciado a o alumnado dos colexios para que estuden ciencias, e que coñezan ás investigadoras que hai detrás de cada bata.

Marta Barturen foi a investigadora que  falou co alumnado de  1°, 2° e 3° de Primaria conectándose por Weebex.

Contestou as preguntas que tiñan preparadas e as que xurdiron ao longo da súa presentación.

No caso de 4°, 5° e 6° de Primaria,  conectáronse e charlaron coa científica Sofía Tirado.

 Nas tres aulas  quedaron encantadas coa presentación que fixo. A participación do alumnado foi moi activa.


 
Explicaron cando decidiron e porqué escoller carreiras de ciencias,

 canto tiveron que estudar, como e porqué decidiron adicarse elas á investigación.

Contaron tamén que traballaban en Equipos Cooperativos, compartindo os avances e os descubrimentos que facían.

Todo isto contáronllo cunha presentación moi didáctica e ilustrativa, bastante amena e axeitada aos distintos grupos de alumnas e alumnos.

Quedóulles ben claro que para entrar no laboratorio cómpre poñer sempre bata e as luvas para non contaminar ningún dos experimentos do equipo.

Grazas por compartir con nós esta experiencia.

sábado, 29 de xaneiro de 2022

PONTE a Negociar

Este é o lema escollido este curso no noso colexio para a celebración do Día Escolar da Paz.

O alumnado de 6º de infantil axudou a decorar e recortar as letras do lema:

Os alumnos e as alumnas de cada grupo fixeron relación dos conflitos máis habituais que xorden nas aulas e no centro, traballaron por equipos colaborativos propoñendo maioritariamente o diálogo para a súa resolución.

Na celebración de hoxe, o alumnado de 6º leu un manifesto en defensa da negociación e o diálogo como instrumento de resolución de conflitos, lembrando as palabras do gañador en 1984 do Nobel da Paz, Desmond Tutu, finado hai un mes: 

“Se queres a paz,

 non fales cos teus amigos,

 fala cos teus adversarios” 

Seguidamente foron expoñendo un dos conflitos traballados en cada clase e o camiño de resolución negociado, debatido e acordado.


                                   Cando alguén che quita algo...                
O reparto da zona de xogos e o seu uso...
Cando non se respecta a quenda na fila...
Cando non se respectan as normas Covid...
O reparto de quendas e o tempo do uso dos vestiarios...
Cando non escoito e non respecto as ideas dos meus compañeiros...
Cando non consigo o que quero...

Rematamos a celebración cantando e bailando a canción “Libertad”  de Nil Moliner

(Clica no título da canción para ver e escoitar o videoclip).

Os alumnos e as alumnas de 5º curso de primaria animaron a todo o mundo para facer unha coreografía coa canción que aprenderan co profe Sergio.

mércores, 22 de decembro de 2021

O QUE MÁIS ME GUSTA FACER É...

Estes días de Nadal, as voluntarias da biblioteca, estiveron ollando e ordenando o andel 82-F, que é no que están os fondos que elaboran nas aulas e na biblioteca ao longo dos anos:

  Feito por Nós. 

Pasárono en grande relendo o libro viaxeiro que fixeran cando estaban na clase de 5º de infantil no curso 2013-2014, case nada.
 Como querían compartir ese momento tan agradable que pasaron, ao día seguinte foron na hora de ler á clase de 6º de primaria, onde estaban a maioría d@s autor@s deste fantástico caderno con moitas lembranzas para toda a nosa comunidade educativa.

As gargalladas escoitábanse por todo o corrredor...  

Neste vídeo podedes ollar o ben que o pasaron

Esperamos que gocedes mirando a montaxe.