martes, 22 de febreiro de 2022
Pincomanda martes
luns, 21 de febreiro de 2022
Día da Lingua Materna
HOXE LUNS 21 DE
FEBREIRO CELEBRAMOS DENDE HAI XA 20 ANOS NAS ESCOLAS O
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA.
PARA PROMOVER O PLURILINGÜISMO E A DIVERSIDADE CULTURAL.
| PREME CON AGARIMO PARA VER MÁIS |
QUE VERBAS TAN
BONITAS ESCOLLESTES,
A DE LINGUAS QUE
TRAEDES
DE
SENTIMENTOS, DE ACCIÓN
DE ANIMAIS, DE
LINGUAS, AGARIMOSAS
PALABRAS PARA
TODAS AS OCASIÓNS
ESPALLADAS E SILENCIOSAS.
SEGUISTES MOI
BEN A PINCOMANDA,
PERO ESTO AQUÍ
NON REMATA...
PARA O MARTES
PINCO VOS MANDA:
ABURIÑO!!
¡OLLO! COAS DISTANCIAS
xoves, 17 de febreiro de 2022
Pincomanda do Luns
MIRA, HOXE HOUBO CONTO,
DE TRES ANOS ATA SEXTO
ANTELA, NENA LARPEIRA
APARECEU DE PRIMEIRA.
CIGARRÓNS E ALGÚN CHOQUEIRO
VAIA XOVES ENTROIDEIRO.
XA NON PODO ESPERAR MÁIS!!
PINCOMANDA HOXE TERÁS!
ABURIÑO!!
¡OLLO! COAS DISTANCIAS
Contos choqueiros
Co gallo do Entroido, houbo hoxe
no colexio unha xornada de
“Contos Choqueiros”
para todos os cursos con
Pedro Brandariz.
Foron pasando pola sala de usos múltiples as tres clases de infantil, e de primeiro a quinto de primaria.
| Alumnxs de 4º e 5º de infantil |
| Alumnxs de 4º e 5º de infantil |
| 1º Primaria e infantil 5 anos |
| Alumnado de 1º de primaria e de 6º de infantil. |
Participaron desta actividade en quendas de dúas clases cada unha.
| 3º e 4º curso de primaria. Mantivéronse os grupos separados e as fiestras abertas ao longo de toda a actividade, segundo marca o protocolo Covid do centro. |
| 3º e 4º de primaria |
| 4º e 5º curso de primaria. |
| Clase de 6º curso de primaria |
Pedro amosou varios complementos dos disfraces do Entroido noutras zonas de Galicia e ensinou como era a festa nas distintas localidades galegas.
ABURIÑO!!
¡OLLO! COAS DISTANCIAS
venres, 11 de febreiro de 2022
Día da nena e a ciencia.
Este martes 8 todo o alumnado de primaria do colexio participou nunhas charlas virtuais argalladas por a asociación Aseica por mor do Día da Nena e a Ciencia. A través da iniciativa CONÓCELAS 2022, Aseica presenta ás "Detectives del cáncer".
Son un equipo que potencia a labor das mulleres investigadoras de cancro en España, concienciado a o alumnado dos colexios para que estuden ciencias, e que coñezan ás investigadoras que hai detrás de cada bata.
Contestou as
preguntas que tiñan preparadas e as que xurdiron ao longo da súa presentación.
No caso de 4°, 5° e 6° de Primaria, conectáronse e charlaron coa científica Sofía Tirado.
Nas tres aulas quedaron encantadas coa presentación que fixo. A participación do alumnado foi moi activa.
canto
tiveron que estudar, como e porqué decidiron adicarse elas á investigación.
Contaron tamén que traballaban en Equipos Cooperativos, compartindo os
avances e os descubrimentos que facían.
Todo isto contáronllo cunha presentación moi didáctica e ilustrativa, bastante
amena e axeitada aos distintos grupos de alumnas e alumnos.
Grazas por compartir con nós esta experiencia.