Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

martes, 29 de abril de 2025

"Os máis pequenos contan"

Finalmente, este venres chegou o día dunha saída tan especial como esperada por todos os Voluntarios da Biblioteca do colexio, pola que preguntan todos os cursos ao anotarse para axudar na biblio.

 Rumbo a Arcade dando un paseo. 
Xa van nove anos que o primeiro grupo foi por primeira vez ata o Centro de Día Boas Apertas e á Escola Infantil "A Galiña" de Soutomaior , ámbalas dúas en Arcade.

 Mirando ao colexio no fondo. 

A idea é compartir un pouco de tempo tanto cos maiores como cos máis cativos da nosa contorna realizando todos xuntos algunha lectura e outras actividades.

  Diante da Escola Infantil. 

Comezamos a actividade indo a pé á Escola Infantil onde por parellas foron lendo algúns contos con moito teatro e facendo participar a cativada alí presente.

Un ano máis as voluntarias foron recibidas con moito agarimo nos dous centros.

Comezaron Mariña Eylín.
escolleron para contar: ¿Estás aí, monstro? ,
 
un conto con texturas que lles encantou.
Continuaron Andrea e Carla coa historia “Unllas de mexilón” de José Carlos Andrés.
Contaron o conto con monicreques e mesmo lles cortaron as unllas diante deles.

Presentación de Arantxa e Sofía. 
Arantxa e Sofía prepararon ”A pantasma das bragas rotas”
Fixeron unha pantasma de tea para dramatizar mellor a contada.

Ao rematar a historia amosáronlle o monicreque aos cativos.

Quixeron un conto máis e leronlles o conto de 

”A vaca que puxo un ovo” da súa biblioteca.

E logo de pasar unha sesión moi especial, sobretodo para as voluntarias de 5º curso, chegou a despedida ata o curso que ven.

Agradecemos a colaboración de todo o persoal da Escola Infantil para levar a cabo esta gratificante actividade. 

luns, 28 de abril de 2025

"Os maiores contan"

Completamos a saída do venres paseando ata o centro "Boas apertas". en Talo Río para rematar as actividades da saída.

Xa estaban a esperar por nós.
 Logo da presentación das voluntarias comezaron as lecturas compartidas.
O nerviosismo que tiñan antes da primeira visita case pasara, e xa tiñan preparadas as lecturas.

Non quixeron cambiar de orden e seguiron igual, 

iso si, con máis soltura e un chisco menos de nervios.

Moitos dos usuarios querían saber que era o que estaba agochado nas lapelas do conto.

Chegou o momento das unllas de Filemón. Fíxolles rir pensar que non quería cortar as unllas...

Cambiaron dun mostro a unha pantasma, pasando por Filemón, o que lles fixo moita gracia.

Logo de despedirse ata a próxima vez, fixeron unha foto na entrada do centro e rumbo de volta ao colexio.

Esta experiencia é moi enriquecedora para as voluntarias  e seguro que non a esquecerán.

Agradecemos a colaboración de todo o persoal do centro de día Boas apertas para poder levar a cabo esta entrañable actividade. 

xoves, 24 de abril de 2025

LIBROS A FÓRA

  OOOOLA!! 

XA ME TARDABA ESTE DÍA, ESTABA UN POUCO NERVIOSO POR SE NON PODIAMOS SAIR FACER ESTA ACTIVIDADE NO PATIO, MÁIS O DÍA ACOMPAÑOU E FOI COMO SEMPRE UNHA GOZADA DE LECTURA.

CADAQUEN LEVOU O SEU CONTO PREFERIDO,  BEN ESCOLLIDO DOS FONDOS DA BIBLIOTECA DO COLEXIO OU BEN DA SÚA CASA . 

AS PARELLAS, OU TRÍOS, LECTORAS FORON SAÍNDO AO PATIO E CADA QUEN PROCUROU UN ACOUGO PARA LER A GUSTO.

Á SOMBRA DA MOREIRA NON SE ESTABA NADA MAL.
NO PARQUE TAMÉN PODEMOS  LER.
ACOMPAÑADAS  DE  ÁNXELES  ALVARIÑO  É UNHA BOA IDEA.
EN CADA RECUNCHO ESCOITÁBASE LER EN VOZ ALTA.
UNS CON SOLTURA,  
OUTROS CON TENTO E OUTROS LÍAN OS DEBUXOS TAN PANCHOS.

 CANDO ALGUNHAS PARELLAS FORON REMATANDO AS SÚAS LECTURAS,
FORON INTERCAMBIANDO LIBROS NAMENTRES AS OUTRAS CONTINUABAN.
 OLLADE ESTE VÍDEO PAR VER MÁIS E SOBRETODO ESCOITAR:
 DESPOIS DA RECOLLIDA, OS VOLUNTARIOS TIÑAN TRABALLO ABONDO PARA COLOCAR CADANSEU LIBRO NO SEU LUGAR.
A XORNADA REMATOU LENDO OS MESTRES , XA DENTRO, UN CAPÍTULO DE
 "DON QUIXOTE DE LA MANCHA".
 MAIS COMO NON LLES PARECEU SUFICIENTE O CAPÍTULO EXTRA QUE PEDIRON, OS MESTRES ACORDAMOS LER NA HORA DE LER DO MÉRCORES OUTRO CAPÍTULO MÁIS.
SAÚDOS!

venres, 4 de abril de 2025

Visita a O SALÓN.

OOOOLA!! 

CONTOUME UN PAXARO (MAIS BEN UN LOBO) QUE XA FOSTES DE VISITA AO SALÓN DO LIBRO EN PONTEVEDRA.

A CLASE DE 3ºP. DIANTE DA CLAQUETA
A CLASE DE 2ºP. NA ENTRADA DO SALÓN
A CLASE DE 4ºP. DIANTE DA CLAQUETA
SEICA PASÁSTELO XENIAL E MIRASTES O VOSO TRABALLO.
A DECORACIÓN SUPERÓUSE UN ANO MÁIS CON RECUNCHOS CHEOS DE ...CINE.
TAMÉN FIXESTES ACTIVIDADES MOI ENTRETIDAS:CO CROMA
E VENDO O RESULTADO NO MOMENTO,
CON CONTACONTOS,
VISITA POLO RECINTO...
MESTRES ACTORES NO ESCENARIO...
PLATÓS DE RODAXE...
E VARIADAS ACTIVIDADES CON TODO O ALUMNADO DA MAN DOS MONITORES DO SALÓN.
PARABÉNS A ORGANIZACIÓN.
O PRÓXIMO CURSO MÁIS.
SAÚDOS!!