Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

martes, 30 de maio de 2017

PINCO-RETO

OOOLA!!!
A CONVOCATORIA DE HOXE ERA PARA DARVOS OS AGASALLOS PROMETIDOS POR TER RESOLTO O PINCO-RETO.
NORABOA AOS GAÑADORES E GAÑADORAS E PARTICIPANTES.
ATENCIÓN AO PRÓXIMO PINCO-RETO!!

CONCURSO AXENCIA TRIBUTARIA

OOOLA!!

ESTOU CONTENTO E BRINCANDO DE LEDICIA.
ACABO DE ENTERARME DE QUE EDURNE, DE 6º CURSO, GAÑOU UN CONCURSO DE REDACIÓN DA AXENCIA TRIBUTARIA.
TODAS AS REDACIONES TIÑAN QUE XIRAR EN TORNO O LEMA:
SE FORAS O REI DUN PAÍS IMAXINARIO ¿EN QUÉ TE GASTARÍAS OS IMPUESTOS?
NORABOA!!, EDURNE

luns, 29 de maio de 2017

Mércores de Conto

O próximo mércores 7 de xuño á tardiña, continuaremos cunha actividade especial:
"El saco de los Cuentos Mágicos"

Manuel, pai de Celia, dirixirá esta actividade orientada ao alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria e as súas familias.

Actividade aberta a toda a Comunidade Educativa.
Lembramos que a Biblioteca abre as tardes dos mércores de 4 a 6.
Esta actividade está pensada  para impulsar e dinamizar a colaboración entre familias e Biblioteca. 
Animádeos, papás, mamás, avós, avoas, tías, tíos, ...  !!

martes, 23 de maio de 2017

Laura Filgueira. Patakafrita


Onte tivemos a sorte de contar con Laura Filgueira cunha sesión de
animación do máis variada.

Laura comezou contando o conto"Los osos amigos" con lingua de signos. Logo contou  “A Bruxa Regañadentes”, pero antes preguntoulles se sabían o que era unha peneira.

Tamén houbo xogos de adiviñas con"Animales muy normales".
A historia de Matilde e o misterio do dragón AJDAR” .
PETE O GATO I LOVE MY WHITE SHOES  foi o gran éxito desta sensacional velada na que cantou en inglés con todos o público a canción que podedes descargar  en www.latadesal.com

Todo o público participou con gran entusiasmo.

Graciñas Laura por este día.

luns, 22 de maio de 2017

Letras Galegas 2017

Mes de maio, mes da Língua.
Este mes estivo cheo de actividades adicadas a maioría ao escritor Carlos Casares.
Aquí vos deixamos un resumo en imaxes de todo o acontecido no colexio.