O
COLEXIO DO TERROR
Hai moitos anos, en Ponte
Sampaio, había un colexio rodeado dun bosque tenebroso. Un 31 de Outubro, o
colexio estaba escuro, só había un profe zombi e unha vampiresa. O patio do
recreo mirábase desde fóra cheo de teas de araña. Ese día era o máis horripilante,
porque había sangue derramada por todas partes.
Ese día moi cedo chegaron
todos os nenos das súas casas ao cole mortos de medo ao ver luces parpadeando
polas xanelas do cole. No primeiro piso víase ao profe zombi na súa clase
acompañado da vampiresa.
Os alumnos, asustados,
tentaron acender as súas lanternas pero estaban estragadas. Decidiron chamar á
porta, TUC,TUC,TUC. Achegouse un home cheo de sangue unha pequena nena díxolle:
ábrenos a porta.
A porta abriuse cun
chirrido. A vampiresa saíu de clase, baixou as escaleiras e levou aos nenos á
clase encantada de 1º de primaria.
Na clase atopábase o profe
zombi, que ao ver aos nenos preguntoulles: que facedes aquí?
Unha nena loura e moi
guapa, con voz temblorosa dixo: vimos estudar.
O profe zombi, mirando á
vampiresa, dixo: paréceme unha idea xenial! Se sodes valentes pasar e acender
as luces. Os nenos temblorosos foron pasando e cando o último acendeu as
luces...descubriron unha gran sorpresa!!
Era o día de
Halloween e os profes preparáranlles unha festa sorpresa!!!!
Comeron chuches en forma
de arañas, vermes, ollos..., flocos de millo patatillas e unha terrorífica
torta de chocolate. Pasáronno pipa e sempre lembraron aquel día de Halloween.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario