Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

luns, 13 de febreiro de 2017


OOOOLA!!
NON PARO DE VER COMO TRABALLADES NOS VOSOS DISFRACES PARA FACER UNHA FESTA DE ENTROIDO FANTÁSTICA.

NOS ESQUEZADES QUE NO EXPOSITOR DA PLANTA BAIXA TEDES UNHA MOREA DE INFORMACIÓN PARA FACER DISFRACES, MÁSCARAS E MAQUILLAXE.

PROPÓÑOVOS TAMÉN UN PEQUENO XOGO DE INVESTIGACIÓN:
NOS ANDEIS DO EXPOSITOR FÍXENME UN LÍO, E  OS DISFRACES TÍPICOS DO ENTROIDO DE GALICIA ESTÁN DESPARELLADOS .
¿SABERÍADES EMPARELLALOS?

  1. PANTALLAS --------------------------------------(    )  Cobres
  2. MADAMAS E GALÁNS------------------------(    )  Xinzo do Limia
  3. CIGARRÓNS------------------------------------(    ) Comarca do Ulla
  4. OS XENERAIS----------------------------------(    )  Verín

 DEIXADE A VOSA RESPOSTA NA CAIXA DE ENQUISAS
HABERÁ UN PEQUENO AGASALLO AOS/ÁS QUE RESOLVAN O XOGO.
O PRAZO REMATA ESTE VENRES.

BOA SORTE!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario