Hoxe fomos todo o alumnado de infantil do cole a Pontevedra a ver a obra de teatro XOGA, no auditorio do Pazo da Cultura.
O MURAL QUE FIXERAMOS NO COLE PENDULADO NA ENTRADA MESMA DO AUDITORIO!
A obra contaba como era o noso corpo con imaxes e dúas chicas danzando.
Estivemos caladiños e demos palmas.
Gustóunos moito e pasámolo moi ben.
Saíndo en orden do auditorio. |
Portámonos tan ben, que ao saír do auditorio estaba ORBIL esperándonos.
Saudámolo todos e todas as que quixemos.
ORBIL saúdándonos. |
E despois dun dia tan completo, chegou a hora de voltar ao colexio e logo á casa.
Como nos portamos tan ben, o luns voltamos ao Salón do Libro, pero esta vez imos ver a exposición e todos os traballos.
Ademáis hai unha sesión de contacontos preparada para nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario