O luns
24 Celebramos no colexio
o Día Mundial do Libro.
Durante
o recreo, como todos os luns, os voluntarios e voluntarias da Biblioteca levaron ao patio de recreo a
BIBLIOPATIO .
Na sesión de "Hora de Ler" as alumnas e alumnos Voluntari@s da Biblioteca recolleron aos máis cativos (os
de tres aniños) que xa os coñecen ben das sesións de contacontos
e monicreques aos que os teñen afeitos ao longo do curso.
(Para axilizar a
actividade, o venres xa quedaron preparados os libros que cadaquén ía levar).
Había
libros de dinosaurios, de transportes, de amizade, contos clásicos/populares
-que non falten- e incluso un atlas ilustrado que tivo moito éxito.
O tempo acompañou e
podemos sair ao patio e gozar do maravilloso dia que facía.
Espalláronse
bastante, había grupos lendo nos columpios, nas porterías, no patio cuberto,
nos muretes de pedra,… o caso é que foi outra xornada de ledicia, das que lle
acorda cada ano
e
sempre, sempre queren repetir.
Entre o profesor Avelino, dúas voluntarias da biblioteca
(Joana e Érika), a nai de Mar, o pai de Xabier, Alicia(a coidadora do centro) e
o profe Alberto, fixeron a lectura
colectiva do capítulo Aventura de los odres de vino.
Esta actividade estaba aberta a toda a Comunidade Educativa.
Viñeron algún país e avós.
Se queres ver máis e ESCOITAR deixámosvos este vídeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario