Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

mércores, 14 de xuño de 2017

A GALIÑA AZUL / BOAS APERTAS

Hoxe, un grupo de Voluntarias da Biblioteca fixeron unha actividade doble de lecturas compartidas na contorna.

Auria, Paula, Miki, Érika e Yaiza diante da escola infantil
Foron a Arcade. Primeiro a Escola Infantil A GALIÑA AZUL,cos máis cativos.
VVisitaron as súas aulas, falaron cos nenos e nenas que alí estaban.

Levaron o necesario para montar un pequeno escenario co muro que fixeran, unha cociña e os seus patinetes. 
Logo, xa na sala grande da escola,
dramatizaron para todo o alumnado a obra Lolo anda en bicicleta de Carlos Casares que prepararan na Biblioteca facendo a súa propia adaptación: Lolo anda en patinete

  Sentíronse tan acollidos, aplaudironlles tanto que houbo un extra,  contaronlles o conto Os tres porquiños.
Pasárono bárbaro os máis cativos e os"grandes".
Unha vez rematada a actividade na escola infantil acudiron á cita que tiñan dende o ano pasado, cos maiores  no centro BOAS APERTAS.
                  Estaban a esperar por elas.
              Presentáronse, falaron cos maiores, 
             montaron de novo o seu escenario  
               dramatizaron a súa versión de 
               
LOLO ANDA EN BICICLETA.
Tiñan preparados uns agasallos para elas: unhas bolsas de chuches "ben chulas" feitas no centro para esta ocasión.
Compartiron uns momentos moi entrañables e con boas ensinanzas para todos nós.

Graciñas ao persoal da Galiña Azul e de Boas Apertas por facilitarlles esta marabillosa experiencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario