Outro ano máis chegou o SAMAÍN ao colexio da Ponte.
Como estamos a traballar Os
Castelos en todo o centro… pantasmas, bruxas, morcegos,... non tiña duda.
Suxeriuse decorar as cabazas do concurso contando co
mundo dos castelos, e que as acompañara unha rima.
O
corredor da planta baixa tiña as cabazas alumeando.
Tiñamos unha
morea de Contos
de Medo preparados para ler e tremer.
O martes
31 o centro metía medo. Zombis, monstros, bruxas, pantasmas por todas partes.
Logo
da votación da cabaza gañadora, os alumnos e alumnas de 6º de primaria foron
amosándoa por todas as clases xunto co premio,
un libro de monstros en inglés.
Rematamos
o día pasando, o que quixera, polo
Túnel do Medo e cantando, contando e dramatizando terroríficas historias.
Podedes ver máis neste enlace
Ningún comentario:
Publicar un comentario