Hoxe Susa Herrera visitou o colexio
de Ponte Sampaio e compartimos con ela unha fantástica xornada musical como
remate do proxecto dos animais que traballamos este trimestre.
Todos os nenos e
nenas do centro e profes tamén gozamos aprendendo e bailando as cancións do BABUÍNO, do RINOCERONTE BLANCO, do FACÓCERO, da LLAMA, do BISONTE EUROPEO e do WATUSSI.
Antes de comezar
con cada canción, Susa contábanos unha pequena historia de cada animal, das súas
características máis salientables e onde vivía.
Primeiro aprendeunos
a letra do retrouso, logo os xestos coa melodía e ramatabamos cada canción,
como non, cantando.
Rematamos esta
actividade co varios profes cantando e bailando con Susa, e que ben o pasamos…
Graciñas Susa por
compartir esta xornada con todos nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario