O pasado luns 19 de novembro o alumnado de 3° e 4° curso de
primaria fixo unha saída a Pontevedra.
De camiño ao auditorio da Sede de Afundación, pararon no mural pintado na rúa Eduardo Pondal lembrando a Mª Victoria García Moreno.
O título do Concerto Didáctico musical que foron ver era
"El mágico planeta de los
instrumentos insólitos".
Presentábao a compañía Fetén Fetén, formada polos músicos Jorge Arribas e Diego Galaz.
Gozaron moito co espectáculo que lles ofertaron.
Descubriron moitos instrumentos ben curiosos, algúns deles feitos con material de
refugallo.
Cantaron e ata bailaron a jota e a
tarantela dende as súas butacas!
Foi un día “fetén”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario