O alumnado de 5º e 6º de primaria do colexio
está incluído no Proxecto Edixgal da Consellería de
Educación e O. U. para a implantación do libro dixital nos centros educativos, polo que o contacto co ordenador e coa internet é diario. Este feito, ademais do
uso continuo das novas tecnoloxías fai necesario que teñan ferramentas para
navegar dun xeito seguro.
O
programa Ciberexpert@s busca que os menores e o entorno educativo e familiar aprendan sobre
ferramentas, aplicacións e outros recursos tecnolóxicos que lles axuden a ter unha
navegación máis segura.
Acadaron coñecementos sobre a identidade dixital, “grooming”, “ciberacoso”, “sexting”, suplantación de identidade, comunidades perigosas, acceso a contido inaxeitado e xestión da privacidade.
Como superaron todas as sesións e o test
final, todos os allumnos e alumnas
recibirán un carné de ciberexpert@s, impreso pola “Fábrica
de Moneda y Timbre”
que non é posible falsificar.
Aí tendes os enlaces á prensa dixital.
Ningún comentario:
Publicar un comentario