Hoxe cambiou o
conto na biblioteca!
Viñeron de
visita seis maiores do Centro de Día
BOAS APERTAS ao noso colexio.
Estiveron traballando nun mural colaborativo co alumnado de
primeiro de primaria.
No Centro
de Día estiveron traballando o Camiño de Santiago para logo facer
este obradoiro en conxunto co alumnado.
As nenas e os nenos
foron rotando para cortar, pintar, trenzar e pegar con todos maiores e elaborar
así un magnífico mural sobre o Camiño.
Distribuímos
as mesas na biblioteca de xeito que puideran circular mellor nos cambios de
actividade.
O produto
final desta colaboración inclusiva, foi un fantástico mural do Camiño de Santiago e un entrañable
encontro que, sendo o primeiro, “non ha
ser o último”.
Despedímonos
de cara a unha próxima reunión.
Queremos agradecerlle ao persoal do centro Boas Apertas por facer posible este memorable encontro.
Queremos agradecerlle ao persoal do centro Boas Apertas por facer posible este memorable encontro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario