Como xa ven sendo habitual, dende o centro solicitouse outro curso máis a
colaboración da Policía Nacional, dentro marco do PLAN DIRECTOR para a
convivencia y mejora de la seguridad en los centros educativos y sus entornos.
Viñeron dous Policías Nacionais da
Comisaría de Pontevedra ao colexio para dar unha charla de formación sobre
problemas de seguridade e sobre os dereitos e liberdades fundamentais, valores
e dignidade entre homes e mulleres e ciberacoso. Un deles xa é coñecido por ter
vido varios anos seguido.
Falaron co alumnado 5º de primaria do acoso escolar, da violencia sobre a muller e a discriminación e de riscos asociados ás novas tecnoloxías entre outros.
Miraron un corto sobre o acoso e xurdiron varias cuestións interesantes.
A atención dos alumnos e alumnas foi total.
Recibiron uns folletos e guías con
consellos para evitar o ciberacoso e o mal uso da internet e unha tarxeta cun adhesivo
para por na cámara web do ordenador.
Deixámosvos un enlace doutro corto feito como
material deste plan.
Esperamos que tomen nota destes consellos necesarios
para a súa seguridade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario