Onte tivemos un obradoiro moi especial.
Viñeron TRUFA, UMA, ECO, e GOOFY, coas súas "nais" dos catro cans
da asociación YARACAN para impartir un
obradoiro de Educación en valores sobre a terapia con animais.
Primeiramente foi a
quenda de 3º e 4º de primaria.
Comezaron cunha breve
charla onde lles explicaron aos nenos que tiñan que entrar e saír da sala en
silencio, usando lingua de signos para comunicarse cos cans.
Tiñan que deixalos moverse libremente e non acariñalos nun primeiro
momento.
Xa dentro do ximnasio,
as monitoras de YARACAN presentaron aos
cans, as súas características e como é o labor que realizan.
Realizaron catro actividades nas que
traballaron os valores de Solidariedade, Seres únicos e
marabillosos, Traballo en equipo e Respecto.
Na segunda quenda co
alumnado de 5º e 6º os cans estaban un pouco cansos, aínda así realizaron as
actividades previstas.
ATA LOGO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario