XA VAN CHEGANDO RECADIÑOS
PARA MANDAR AOS MAIORES.
LEMBRADE QUE SERVEN DEBUXOS,
FOTOS, CARTIÑAS, BICOS, ...
AGORA PASAMOS ÁS
TRASFORMACIÓNS.
LEVAMOS VARIOS ANOS FACENDO A
ACTIVIDADE DE LECTURAS COMPARTIDAS NO DÍA DO LIBRO "Libros A Fóra".
O CURSO PASADO CHOVÍA E HOUBO
QUE FACELO POLAS AULAS E CORREDORES DENTRO DO COLE, ESTE PRÓXIMO XOVES 23 TOCA
CAMBIO:
A ACTIVIDADE DE “LIBROS
A FÓRA"
1,2,3
TACHÁAAAAAN!!
TRANSFORMÁMOLA
EN... "LIBROS A XANELA"
COMO FACEMOS?
TODO O QUE QUEIRA PARTICIPAR, MANDARÁ UNHA FOTO ONDE
SE MIRE O QUE ESTÁ A LER OU UN VÍDEO(30 SEGUNDIÑOS
MÁXIMO), LÉNDOLLE UN CONTO, UNHA REVISTA, BANDA DESEÑADA, ... SERVE TODO SEMPRE QUE LEAMOS A CARÓN DA XANELA.
A QUEN?
A QUEN
QUEIRAMOS QUE NOS ESCOITE. Á FAMILIA, A VECIÑANZA, ... A QUEN QUERA ESCOITAR.
ONDE O MANDAMOS?
AO MEU ENDEREZO ELECTRÓNICO bibliopinco@gmail.com
PARA QUE?
CO MATERIAL QUE MANDEDES ANTES DO MÉRCORES 22 FAREI
UNHA MONTAXE PARA PUBLICALA O XOVES 23 AQUÍ, NO NOSO BLOG.
ANIMO TAMÉN AO ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA, VOLUNTARI@ OU NON DA BIBLIOTECA, A FACER COMO TANTAS VECES AO LONGO DO CURSO, PERO EN FORMATO DIXITAL.
SEDE CONTACONTOS VIRTUAIS, E QUE APADRIÑEN AOS MÁIS CATIVOS GRABÁNDOLLES UN CONTO EN VÍDEO.
ESPERO AS VOSAS COMUNICACIÓNS.
ÁNIMO
FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario