HOXE É O DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!
ONTE CELEBRAMOS NO COLEXIO ESTE DIA TRATANDO DE CONSERVAR A NORMALIDADE O
MÁIS POSIBLE NESTES TEMPOS REVOLTOS.
COMEZOU A ANDAINA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS POLAS CASAS DO NOSO ALUMNADO, MAIS POR SEGURIDADE, AO LEVAR NO INTERIOR MÁIS
QUE LIBROS, COMBINAREMOS A VIAXE DE DÚAS MOCHILAS CON CONTIDO SIMILAR POR AULA.
UNHA QUEDA COMIGO NA BIBLIOTECA E OUTRA SAE DE VIAXE.
CANDO VEÑA DE VOLTA CAMBIAMOS UNHA POR OUTRA.
INICIARONSE OS PRÉSTAMOS DE LIBROS DA BIBLIOTECA.
CADA CURSO TEN ASIGNADO UNHA SESIÓN
DE USO PREFERENTE PARA IR Á BIBLIOTECA.
SAÍRON NAS AULAS DE INFANTIL AS BOLSAS DE LIBROS QUE VEÑEN E VAN E ESTE ANO TAMÉN AS LEVAN EN PRIMEIRO CURSO DE PRIMARIA.
AS MALETAS VIAXEIRAS XA ESTÁN A DAR VOLTAS EN INFANTIL.
NON O ESQUEZADES
LEVA SEMPRE A MÁSCARA!
LAVA AS MANS!
FORA VIRUS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario