Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

martes, 9 de marzo de 2021

Dia da Muller

No colexio traballamos pola igualdade todos os días. Aínda así, o achegarse estas datas, incidimos un pouco máis neste tema.

Contactamos con tres ex alumnas do colexio para facer o 8 de marzo   unha mesa redonda.  Lorena, Jessyca e Irene accederon de boa gana a participar con nós nesta actividade. As tres son traballadoras de éxito nas súas profesións. 

Lorena Conde: actriz de teatro, escritora gañadora do III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil co seu libro “Velloucas e minchas” e actualmente profesora no IES Fragas do Eume.

Jessyca Ocampo: fotógrafa profesional; autora do libro o “Mapa do Medo” que recolle a testemuña de máis de 150 vítimas galegas acosadas en espazos públicos.

Irene Lages: médica ciruxiá no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Onte foi a videocoferencia con elas tres por cisco-webex.

Conectámonos en todas as clases á vez con elas agás Jéssyca, que gravou un agarimoso vídeo para nós (compartímolo ao principio).

Graciñas ás tres por compartir con nós o voso tempo nesta xornada tan especial e por facerlle ver ás rapazas e rapaces deste colexio, que con traballo, dedicación e esforzo poderán chegar a ser o que queiran.

A igualdade faise todos os días paseniño.


Ningún comentario:

Publicar un comentario