Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

xoves, 14 de outubro de 2021

Retomando actividades

A Policía Nacional de Pontevedra retomou este curso a actividade do

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna  nos colexios do Concello.


Somos o primeiro colexio de Pontevedra no que comeza a formación este curso.

Onte estiveron con nós tres policías nacionais  na aula de 5º de educación primaria para realizar esta actividade co alumnado.

Incidiron, sobre todo, o que leva consigo caer nas Tecno-Adicións e os perigos da navegación pola internet sen ter en conta algunha precaución e as consecuencias de non telas en conta.

Presentación na aula
Comezo da formación.

As alumnas e os alumnos desta clase atenderon con interese e fixeron gran variedade de preguntas sobre algunha dúbida que tiñan.

 Máis adiante será o alumnado de 6º curso de Primaria o que participará ao longo de varias sesións para acadar o carné de Ciberexpert@s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario