ESTE OUTONO CONTINUAMOS MANTENDO AS TRADICIÓNS DA CONTORNA COA FESTA DE
SAMAÍN E DO HALLOWEN TAMÉN.
CADA VEZ PODEMOS ACHEGARNOS UN POUQUIÑO MÁIS Á NORMALIDADE E ACOMODAMOS AS
CELEBRACIÓNS ÁS MEDIDAS ACTUALIZADAS QUE MARCA O PROTOCOLO COVID.
ESTES DÍAS ESTAMOS ELABORANDO
UNS CONTOS COOPERATIVOS ROTANDO DOUS RELATOS DE MEDO POR TODAS AS AULAS.
COMEZARON CON ESTE
PARAGRAFO IGUAL OS DOUS:
“Esa noite era moi escura e asombrosamente silenciosa na Ponte, ata que...
MAIS COMO ROTARON POLAS
AULAS EN DIFERENTE ORDE, XA VEREMOS COMO QUEDAN CANDO PASEN POR TODAS E COMO
REMATAN... PUBLICARÉMOLO MÁIS ADIANTE.
O VENRES 29 ROTAMOS AS E OS PROFES POLAS AULAS FACENDO OBRADOIROS COOPERATIVOS DE CONTOS, DIFERENTES MANUALIDADES
CON MÁSCARAS E ANTIFACES TERRORÍFICOS NAS AULAS.
ALGUNHAS DAS MERENDAS
DABA MOITA MÁGOA NON PODER COMPARTILAS.
NA ENTRADA DO COLE AS CABAZAS QUE FIXERON EN FAMILIA DECORABAN O COLEXIO.
LOGO DA VOTACIÓN, A CABAZA DE ALBA DE 4º CURSO DE PRIMARIA FOI A GAÑADORA E AS DE AARÓN E SARA DE 6º P EMPATARON NO SEGUNDO LUGAR.
NA FESTA DO MAGOSTO RECIBIRÁN UN AGASALLO.
PASARON AS NENAS E OS NENOS DANDO MEDO POLO “PHOTOCALL” DO SAMAÍN CANDO ÍAN SAINDO AO RECREO NAS SÚAS QUENDAS:
METEN MEDO, EH?
OLLADE CON QUE PINTAS VIÑESTES AO COLEXIO
ABURIÑO!!
¡OLLO! COAS DISTANCIAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario