ESTE CURSO VOLVEMOS NOVAMENTE DE VISITA AO SALÓN DO LIBRO NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA.
ESTA XXIII EDICIÓN ESTÁ DEDICADA Á ARTE:
CON MOITA ARTE!
PARTICIPAMOS UNHA VEZ MÁIS COMO CENTRO COLABORADOR CUN TRABALLO FEITO COA
COLABORACIÓN DE TODO O ALUMNADO DESTE CURSO E POÑENDO EN VALOR AS PEGADAS QUE DEIXARON NO COLEXIO DA PONTE AS ALUMNAS E OS ALUMNOS DE CURSOS ANTERIORES.
PARA FACER ESTE MONTAXE, RECOLLEMOS INFORMACIÓN DE LUGARES, FAUNA E TRADICIÓNS PROPIAS DA NOSA CONTORNA E TRANSFORMÁMOLA NUN “XOGO DA OCA” MOI PARTICULAR.
Taboleiro do Xogo |
VIAXAMOS ATA PONTEVEDRA EN AUTOBÚS E LOGO DA
MERENDA PASEAMOS POLA BEIRA DO RÍO LÉREZ
NAMENTRES CHEGABA A HORA DA ENTRADA.
ORBIL SAÍU RECIBIRNOS COAS MONITORAS DO SALÓN.
REPARTÍRONOS EN GRUPOS, OS MAIORES PARA IR VER O ESPECTÁCULO E
AO CONTACONTOS O ALUMNADO MÁIS NOVO CON TAREIXA, DE PAVÍS PAVÓS.
CANDO FINALIZARON ESTAS ACTIVIDADES, AS MONITORAS DO SALÓN LEVÁRONOS POR TODO O RECINTO
EN PEQUENOS GRUPOS ENSINANDO E EXPLICANDO O PORQUÉ DE CADA SALA MAILA SÚA RELACIÓN CO ARTE.
DÉIXOVOS UN RESUMO EN IMAXES DESTA ACTIVIDADE
ABURIÑO!!
¡OLLO! COAS DISTANCIAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario