Para facer a entrega, viñeron ao colexio a Subdelegada do Goberno, o Comisario da Policía Nacional de Pontevedra
e os axentes da Policía Nacional Roberto e Antón, que foron os encargados de darlles a formación.
Ao longo de varias xornadas ensináronlles e fixeronlles ver as precaucións que hai que ter ao navegar na internet, coas redes sociais,
a cantidade de información nosa que deixamos sen saber cun so like,... entre outras cousas.
Logo dunhas palabras procederon a entregarlles cadanseu carné de Ciberexpert@s.
Co acto de entrega dos carnés, rematamos a actividade de formación no aveiro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna deste curso.
Contamos o curso que ven continuar con este programa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario