Participamos un curso máis na
‘IX Feira da Mini Ciencia de Pontevedra:
PontenCiencia
2022’
Nesta edición presentamos dous proxectos, un por aula, no apartado de
Ciencia No Cole.
A clase de 5º de Primaria “O mellor amigo contra o frío: Poliéster vs Algodón”
Na aula de 6º de Primaria prepararon
“A movida das cores”.
Comezaron a andaina no mes de febreiro cun obradoiro impartido no colexio sobre Métodos de Investigación, no que lles ensinaron como realizar unha investigación mailo protocolo a seguir de xeito lóxico e organizado e a forma de conseguir que os resultados obtidos nas súas indagacións foran tanto reproducibles como fiables.
O alumnado de sexto preparou un Scrap book cos
resultados obtidos.
Na clase de quinto curso prepararon un tríptico para explicar polo miúdo a investigación e os resultados da mesma.
Acercáronse o xoves a tardiña para montar o stand do
colexio na EU de Forestais en Pontevedra.
Quedou montado o noso stand ben lucido e curioso. |
O venres 27 de maio á mañá foron defender cadanseu proxecto do apartado Ciencia no Cole en Pontevedra
Marta e Diana defendendo o proxecto |
Andrea e Ánxela defendendo o proxecto |
"A movida das Cores" 6º Primaria
As defensoras dos proxectos do colexio contentas e relaxadas xa. |
Gozaron con diferentes actividades e obradoiros ao longo do día organizados para os participantes no certame.
A investigación da clase de 5º de Primaria acadou o segundo premio da novena edición de PontenCiencia 2022.
Menuda ledicia transmiten posando logo de recibir o premio.
Noraboa polo traballo ben feito a todo o alumnado participante e aos mestres Manoli e Alejandro por guialos e polo traballo que levastes.
Somos noticia:
https://www.pontevedraviva.com/xeral/82156/pontenciencia-obradoiros-formacion-metodo-cientifico/
https://www.pontevedraviva.com/xeral/85665/novena-edicion-pontenciencia-ganadores/
Ningún comentario:
Publicar un comentario