Como o PDI deste curso céntrase nos "contos", buscamos un lema relacionado con este:
“Os  contos  tamén  abren  portas  cara 
a  igualdade” 
Expuxemos no corredor  unha escolma de fondos relacionados dalgunha forma coa violencia de xénero e a igualdade.
Ao longo da semana en todas as aulas foron coloreando unhas bolboretas,   para pegar nunha porta violeta, como na canción de Rozalén, que pintou a rapazada de Infantil.
Esta porta foi a base para realizar unha montaxe tridimensional 
Ao longo de varios recreos, un grupo de voluntari@s da biblioteca escolleron e prepararon o texto e as peticións de cancións para a primeira emisión do programa de radio  "Radio na Ponte" no recreo, repararon lecturas para ir a todas as clases na hora de ler despois do acto do centro na entrada do colexio o venres 25.
Comezamos o acto cunhas palabras do director Avelino relacionando o lema escollido co  Proxecto de Centro deste curso.
Gardamos un minuto de silencio por todas aquelas que xa non están.
Contemplamos o resultado do traballo cooperativo namentres cantamos a
canción “A
porta Violeta” de Rozalén cantando coas
Tanxugueiras os coros en galego. Entramos ás aulas para gozar dunhas lecturas compartidas c@s voluntari@s da Biblioteca nas aulas.
Daniela e Xiana contaron "A historia dos bonobós con gafas" de (Adela Turín), na aula de 4º de Primaria.
.jpeg)
.jpeg) 
 
Na aula de 5º de Infantil contaron  Mencía e Gabriel de sexto curso, 
a historia de  "Rosa Caramelo" de (Adela Turín),
e  da mesma autora, "Artur e Clementina",  foi a obra escollida por Diego, Lucía F. e Claudia de 5º P. para contar na clase de terceiro curso
.jpeg) Andrea e Xurxo,  voluntari@s de 5º P., foron contar á clase de Infantil de 3 anos  a historia de  "Peúgo, o calcetín melenudo"
 Andrea e Xurxo,  voluntari@s de 5º P., foron contar á clase de Infantil de 3 anos  a historia de  "Peúgo, o calcetín melenudo" de  Jessica Rodríguez , con monicreques incluídos, que estivo presentando no noso colexio este conto o curso pasado.
Rubi,  a asistente de conversación de inglés, recentemente chegada de Inglaterra,  foi a encargada  da lectura de "It´s a pain to be a princess!
  de Carmen Gil  para o alumnado de 5º e 6º curso de Primaria. 
Eloy e Noa , de 5ºcurso, escolleron e prepararon para contar en 6º curso de Infantil o libro de Raquel Díaz:  "Yo voy conmigo"
 As voluntarias de 6º curso de Primaria Noa e Marta foron co conto de 
"Maruxa", da autora Eva Mejuto  á clase de primeiro de Primaria. | .jpeg) | 
| Á vista está o que lles prestou! | 
 Xabier e Uxía, voluntari@s de 5º P.  foron a clase de 2º de Primaria para lles contar "O libro dos porcos" de Anthony Brown