MENOS MAL QUE CHEGOU O VERANIÑO DE SAN MARTIÑO E FIXO UN DÍA FANTÁSTICO CON SOL E TEMPERATURA ESTUPENDA PARA GOZAR DAS ACTIVIDADES DO MAGOSTO NA COMPAÑA DAS FAMILIAS.
NO CUBERTO XOGAMOS COAS CHAPAS, ESCRIBIMOS O NOME DENTRO E BOTAMOS UNHAS CARREIRAS
APRENDEMOS XOGAR ÁS BOLAS NO AREEIRO
XA LEVAMOS UNS CURSOS PROBANDO A RODAR OS AROS,
NIN TAN MAL
A NOVIDADE DESTE ANO FOI O DESCUBREMENTO DOS CARRIÑOS
QUE TIVERON UNHA GRANDE ACOLLIDA POLA NOVIDADE E POLO DIVERTIDO QUE ERAN
COS ZANCOS DE CORDEIS ANDARON ATA A RAPAZADA MÁIS NOVA, COS DE MAN XA HABÍA QUE TER UN POUCO DE MAÑA E MOITO EQUILIBRIO
XOGAMOS TAMÉN A SALTAR Á CORDA E SALTAR A GOMA
CONTINUAMOS CON XOGOS POPULARES, TENTAMOS LEVAR UNHA CASTAÑA DE DIFERENTES FORMAS: CUNHA CULLER, ENFRONTADOS CO BANDULLO ENTRE DOUS, COA FRONTE,...
E FINALIZAMOS A ROTACIÓN CO XOGO DAS CADEIRAS MUSICAIS
QUE TRIUNFA EN TODAS PARTES E AS RISAS ESTÁN GARANTIZADAS
NON SEI SE ME DEIXO ALGÚN XOGO TRADICIONAL, PERO ESTOU EMOCIONADO POLO BEN QUE O PASAMOS.
AGRADECÉMOSLLE A TODAS AS FAMILIAS QUE COMPARTIRON CON NÓS ESTA FABULOSA E TRADICIONAL XORNADA DE OUTONO.
ÁS FAMILIAS QUE PUIDERON VIR, XOGAR E
APRENDERNOS TODOS ESTES XOGOS QUE NON DEBEMOS ESQUECER E ÁS QUE TAMÉN COLABORARON
APORTANDO LEÑA E CASTAÑAS PICADAS PARA PODER PAPALAS LOGO ASADAS AO REMATE DOS
XOGOS.
GRACIÑAS UN ANO MÁIS A JOSE , O NOSO CASTAÑEIRO PARTICULAR.
APERTAS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario