Conmemoramos cada curso no noso colexio o 23 de febreiro o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro y Murguía, en Santiago de Compostela (hai 186 anos), poetisa e escritora galega.
Este ano, celebramos esta data con distintas actividades nas diferentes aulas e algunhas outras todos e todas conxuntamente.
Nas aulas de infantil colorearon a súa faciana
O programa de radio que prepararon @s voluntari@s esta semana, estivo dedicado como é lóxico a Rosalía de Castro.
Fixeron a escaleta do programa contando o traballado nas aulas.
A representación narraba a historia de Rosalía de Castro contada por unha periodista do século XIX que coñecía moi, moi ben tanto a súa vida como a súa bibliografía.
Ao longo da sesión ía facendo preguntas a cativos e cativas polo que sabían dela.
O espectáculo foi moi ameno, didáctico e participativo.
A actriz contacontos pertence a
compañía de teatro “Trémola Teatro”.
Rematou a sesión comentando que había unha estrela que leva o nome de Rosalía de Castro.
Propuxo como tarefa pescudar cara onde hai que buscar no ceo para poder atopala.
A estas alturas, seguro que xa mirastes o
ceo para dar con ela.
Non é doado vela a simple vista, pero si que podedes vela cuns prismáticos se sabedes onde mirar.
Neste vídeo explícanvos como atopala no
ceo.
https://www.youtube.com/watch?v=Mp-CzAbfgok
Tamén podedes usar a aplicación Stellarium que vos axuda a atopala con maior facilidade, pero hai que escribir HD 149143 na lupa da aplicación. Ese é a nomenclatura que tiña antes de bautizala como
Estrela Rosalía de Castro
Ningún comentario:
Publicar un comentario