Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 10 de marzo de 2023

Conferencia 8-M

Como xa vos adiantamos, hoxe á mañá tivemos a videoconferencia coa científica e antiga alumna do colexio Miriam Conde Gómez.

Falounos dende o CHUS, no que fa o último curso de doctorado.

Compartiu con nós unha presentación na que contaba como foi a evolución da súa vida académica ata hoxe en día, describiu o seu traballo científico nos distintos eidos nos que os desenvolveu.

Ensinousnos  mulleres extraordinarias con traballos tradicionalmente realizados por homes.

Logo da súa presentación, respondeu as preguntas que xurdiron entre o alumnado.

Contestou ás preguntas que lle formularon alumnas e alumnos das clases de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

  Aprenderon que  

Porque traballes na investigación, non tes que ser aburrida, iso é máis o estereotipo das series de televisión.

Actualmente traballa no campo da saúde. No seu equipo son todas mulleres, a directora do proxecto tamén.

Non notou ningunha inxustiza por ser muller no traballo, so cun médico, pero era polo carácter del máis que nada.

Ao preguntarlle polo seu traballo coa policía, dixo que os casos eran confidenciais, pero si que podía comentar que axudou a identificar un cadáver que aparecera en África.

Como te sentes o chegares tan alto?

Non se sinte de ningunha maneira por chegares tan alto, so pensa que quere chegar máis alá, seguir aprendendo.

Que hai moitas clases diferentes de cancro, pero de mama hai tres tipos que se diferencian polos marcadores tumorais.

Se non tivera estudado bioloxía, probablemente optara por veterinaria, que está no mesmo ramo.

O tipo de cancro que investiga investigando vai polo sangue normalmente aos pulmóns e aos ósos. Ver o cancro no sangue é bastante difícil, pero agora podería dicir que é quen de facelo.

O que lle gusta da ciencia  é poder saber e descubrir cousas que antes non se sabían. De pequena regaláronlle un microscopio e gustáballe mirar por el. 

Miraba os debuxos de Érase unha vez o corpo”.

Unha pregunta coa que non contaba Miriam foi:

Que é a neuroxénesis?

Explicou que estudou un tempo o comportamento das neuronas de pacientes con TEA, e que simplificando, é estudar como se xeran as neuronas.

A sesión de radio de hoxe estivo tamén centrada na conmemoración do 8 de marzo.

Durante a sesión de Hora de Ler, @s voluntari@s contaron na

  Biblioteca a historia de algunhas mulleres como Hipatia de Alejandría, Concepción Arenal, Marie Curie e Mª Teresa Portela entre outras.

Todas elas  destacaron en disciplinas tradicionalmente masculinas ao alumnado de Primaria dos cursos máis baixos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario