Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

luns, 5 de xuño de 2023

IX Certame Relato Curto

 OOOOLA!! 

NORABOA Athenea, Lola E Marta POR CHEGAR Á FINAL COS VOSOS RELATOS.

LEMBRADE QUE VAN SER PUBLICADOS.

NON PODO DEIXAR DE COMPARTILOS CON TOD@S VOS E EN CANTO TEÑA O LIBRO NA BIBLIOTECA PODEREDES LELOS ALÍ COMIGO.

A CEMPÉS QUE TIÑA DOUS PÉS (Athenea).

Nun pobo moi pequeno, vive unha cempés chamada Néboa. A Néboa encántalle brincar, escalar, xogar ás agochadas..., pero o que mais lle gustaba é bailar. É unha excelente bailarina de baile galego, e aparte de bailar tamén sabe tocar a gaita.

Ata que un día, Néboa estaba xogar as agochadas có seu amigo Lois, e de súpeto Néboa caeu nun montón de espiñas moi afiadas. Lois foi correndo a xunto Néboa pero ela non respondía, entón Lois colleu a Néboa e levouna a urxencias. Cando o médico xa lle fixera todas as probas, saíu onde estaba Lois e díxolle :

- Síntoo moito Lois pero tivemos que amputarlle todos os pés a Néboa, menos dous pés que estaban ben, porque as espiñas xa estaban moi dentro da carne, e se non llas tivese amputado sufriría moito.

Ao día seguinte xa lle deron a alta a Néboa e puido volver á súa casa. Despois de moitos meses de recuperación, Néboa xa puido volver a facer todo o que se propoñía, menos unha cousa, o baile. Ao principio a xente pensaba que Néboa non era capaz de bailar polo que pasou, pero en realidade era que se sentía incapaz.

Una noite Néboa estaba no seu xardín, cando de repente pasou unha estrela fugaz e murmurou:

-Ti podes facer todo o que te propoñas.

E así foi. A nosa cempés nunca se rende, e con dous pés sigue bailando polo mundo adiante.

O VASO (Lola).

El era Adrián, un home alto, un home estraño, un home que adoitaba vestir de cores alegres.

Pero un día, pasou algo, algo non tan alegre para el, xa que o seu segredo, sería desvelado, e a verdade... non da mellor forma.

Era un día calquera, un venres 13 do 1876, no que Adrián dirixíase ao seu restaurante favorito xunto cos seus amigos, Lara e Hugo. A eles, encantáballes pasar alí todos os venres, pero o que non sabían era que este, ía ser diferente.

Todo comezou normal, Lara, Hugo e Adrián dirixíanse ao restaurante polo camiño de sempre, pola rúa Cazaespín. Como era de esperar, chegaron sen ningún problema ao restaurante.

Alí, visualizaron a carta de bebidas, e cada un pediu a que quería. Neste caso Lara pediu un zume de laranxa, Hugo unha cervexa e Adrián pediu só un vaso de auga. Aquí seguía todo normal, ata que Adrián comezou a  comportarse de forma estraña, e sen querer tirou co vaso de auga. Pero en verdade, o que si que foi verdadeiramente estraño foi cando todos os invitados miraban horrorizados cara a súa mesa. Viran que o vaso aparentemente caía da mesa por si solo, pero non puideron ver a Adrián. Isto levantou moito as sospeitas, xa que os seus amigos si que o vían, coma sempre. A xente comezou a debater este caso xa que ninguén conseguía facerse unha idea deste acontecemento. Pasaban os minutos, as horas e os días, e tanto os amigos de Adrián como o resto de persoas comezaron a desaparecer un por un. O máis raro é que isto soamente pasou nesa rúa.

“Aínda hoxe en día non conseguimos saber a razón”. - dixo a presentadora.

E de súpeto… ZAS, DESAPARECEU!!!

A CHAMADA (Marta).

Ela era Ana, unha muller alta, unha muller estraña, unha muller que adoitaba vestir de negro, sobre todo ese día, o cal non era un calquera, pois fai dous días tivo un acontecemento  que ninguén se esperaría.

O 23 de maio, era o funeral da súa avoa materna, un dos seres máis queridos da súa familia. Por desgracia, ela falecera hai tres días, debido a unha enfermidade chamada Trecofacía.

Pero… mellor, comecemos pola parte máis importante, o acontecemento.

Ese día, Ana, espertou triste, pero a pesar disto, vestiuse e marchou cara alá. Como era de esperar, todo foi normal, a xente lucía triste e a maioría vestía de negro. Cando todo cambiou non foi ata que chegou o momento de volta. Ana falaba por teléfono distraidamente mentres camiñaba por unha beirarrúa bastante estreita. Pasados uns minutos chocou con alguén. Cando levanta a vista para desculparse, observa diante dela a figura da súa avoa. Ela, non podía crer o que estaban a ver os seus ollos, polo tanto intentou mirar cara outro lado e seguir o seu camiño, aínda que non puido porque sentía que a estaban a observar. Ana, nerviosa, mira para atrás para saber quen está a observala en realidade. Cando ao escoitar falar a esa persoa dáse conta de que si, ela era a súa avoa. 

Pero entón, quen morrera??

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

LEMBRADE QUE PARA ACADAR CALQUERA PREMIO, HAI QUE PARTICIPAR E PRESENTARSE.

  NON VOLO VAN LEVAR Á CASA.     

POR ISO DÁMOSLLE A NORABOA TAMÉN A Diego P., Claudia E Mencía QUE TAMÉN PRESENTARON OS SEUS RELATOS, POLO TANTO PODERÍAN TER CHEGADO A SÚA VEZ Á FINAL.

VOLOS TRES PODEDES TENTALO O PRÓXIMO CURSO  NA CATEGORÍA DE SECUNDARIA.

O VENRES 23 DE XUÑO É A ENTREGA DE PREMIOS. FALTA POR SABER SE ALGUHA DE VOS ACADOU ALGÚN PREMIO MÁIS.

DÉIXOVOS O ENLACE PARA VER A LISTAXE DE FINALISTAS.

http://blogs.nontedurmas.org/certame/2023/06/02/relatos-seleccionados-e-finalistas-da-ix-edicion-do-certame-de-relato-curto/

APERTAS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario