Xa estamos de volta!!
CELEBRAMOS HOXE O
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
COMEZANDO COA ACTIVIDADE DAS
MOCHILAS VIAXEIRAS
NAS AULAS DE
PRIMARIA.
COMEZOU TAMÉN A ANDAINA D@S VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA DESTE CURSO 2023-24.
AO LONGO DA SESIÓN DE HORA DE LER FORON PASANDO POLAS AULAS DE PRIMARIA
LEMBRÁRONLLES TAMÉN AS
NORMAS DA BIBLIOTECA, CANDO PODÍAN IR E COMO TIÑAN QUE FACER PARA LEVAR LIBROS,
XOGOS OU PELÍCULAS EN PRÉSTAMO.
DINAMIZARON ESTE DÍA
REALIZANDO A DRAMATIZACIÓN QUE PREPARARON NOS RECREOS DESTE MES DOS
CONTOS "Corre, Corre Cabaciña",(de Inés Mejuto) PARA TODA
A RAPAZADA DE INFANTIL.
PRESENTÁRONME AO NOVO
ALUMNADO.
OUTRO GRUPO NA BIBLIOTECA CONTÓULLES A HISTORIA DE "A Pantasma Colorida" (de Gema García) AO ALUMNADO DE PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA AXUDADOS CON MONICREQUES.
NA SAÍDA ESTABAN DISPOSTOS PARA LEVAR ÁS CASAS UNHA MOREA DE FONDOS EXPURGADOS DA BIBLIOTECA.
ESTE É UN XEITO DE DARLLES UNHA SEGUNDA OPORTUNIDADE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario