Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

domingo, 25 de febreiro de 2024

Día de Rosalía 2024

 

Dentro do Calendario do Libro e da Lectura, coincidindo coa data do seu nacemento no ano 1837, o 23 de febreiro celébrase o 

  Día de Rosalía de Castro  

Sabemos que os pensamentos eran as frores que máis lle gostaban a Rosalía.

 Adicámoslle no colexio este curso aos PENSAMENTOS cos diferentes significados da palabra e conseguimos 

"Un xardín para Rosalía" 

Prantamos nas xardiñeiras da entrada cada clase unhas  prantas cun "pensamento" en cada unha.

  Cada curso decorou con diferentes técnicas plásticas unha cartulina cun pensamento e escribiu un dos seus poemas.

Na hora de ler, xuntámonos na sala de usos múltiples todo o colexio e limos os versos plasmados en cada Pensamento decorado.

ESPERANDO PARA RECITAR 
A ESTREA DE 4º DE INFANTIL
SEGUNDO CURSO DE PRIMARIA
5º DE INFANTIL
5º DE PRIMARIA
PRIMEIRO CANTÁNDOLLE A ROSALÍA.
6º DE PRIMARIA
6º DE INFANTIL
4º de PRIMARIA
3º de PRIMARIA
Todos os traballos quedaron a carón do mural que fixeran voluntari@s 
   

O corredor adicouse a ROSALÍA con  propostas variadas para facer coa rapazada ao longo da semana:



Marcapáxinas feitos polo alumnado de Infantil

Marcapáxinas, cálculo do valor dun billete de 500 pesetas en Euros, poemas con pictogramas para ler, visita a Casa-Museo de Rosalía co código QR, debuxos para colorear da súa faciana, ...


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario