Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 29 de novembro de 2024

25-N

 

 "Da prehistoria ao presente 

 a violencia de xénero 

 non ten lugar en ningún tempo

Este foi o lema escollido para elaborar o cartel rexeitando a violencia de xénero este curso.

Todo o alumnado, en especial o de Infantil que deixou as súas pegadas, participou na elaboración.

Ao longo desta semana fixéronse diferentes accións para a concienciar ao alumnado.

O luns o alumnado do 2º e 3º ciclo de Primaria participou nun obradoiro da Cruz Vermella no que se abordaron mitos, desigualdades e estereotipos entre homes e mulleres.

Tamén destacar que ao longo da semana na hora de lectura o alumnado de 6º, que previamente estivo elaborando diferentes traballos sobre o 25N, foi expoñelos nas  aulas de infantil e primaria. Aquí tedes podedes ver o ben que o fixeron.

Ningún comentario:

Publicar un comentario