Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 9 de maio de 2025

O xogo non ten idade.

Logo da visita que nos fixeron no colexio os usuarios do centro Boas apertas,e de ver a ledicia dalgún deles, e o enriquecedor que foi para todos, xurdiu  a posibilidade de que os pequenos de infantil devolveran a visita ao seu centro.

Como tiñamos programada a saída á biblioteca en Arcade algo máis dunha semana máis tarde, entre ámbolos dous centros acordamos ir logo da visita á biblioteca e da merenda dos cativos e dos maiores.

Non houbo problema para sincronizarnos, xa que merendaron no parque de Talo Río e Boas apertas está diante do parque.

Ao principio a cativada estaba algo cortada, pero pronto pasou e xogaron entre eles e aprenderon os seus nomes. 

Explicáronlles aos cativos que todos os días facían unhas rutinas de actividade física

para manter áxil o corpo e fixérono coma se dun xogo se tratara.

Fixéronse parellas ou tríos entre nenos e usuarios para xogar cos aros.

Esta actividade poderíamos repetila novamente xa que todo en ela foi positivo, a avaliación da mesma foron as propias caras de ledicia duns e outros.

Tanto os maiores como os pequenos, o persoal do centro e as mestras mailo gozaron do clima tan agarimoso que se acadou.

De volta ao colexio xogaron un ratiño no parque da Xunqueira, xa ao lado do colexio.

Agradecemos a colaboración necesaria do persoal do centro Boas apertas para o desenvolvemento desta marabillosa actividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario