Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

luns, 13 de marzo de 2017

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

  

Hoxe fomos, esta vez sí, a vistar a exposición do Salón do Libro.
ORBIL recibiunos na entrada.

¡¡Non lle gusta nada que lle toquen a cola!!

Tivemos a sorte de que "ANDREA-EA" nos contara unha morea de historias.

Paseamos pola exposición e vimos os traballos dos outros coles e atopamos o noso libro.
     Mirando os traballos     
   Na sala dos sentidos.   
   Xogando mirando a través das cores azul e vermella   
     Contando contos despois de merendar.    
Xa no cole falamos da visita e fixeron debuxos.
Esperamos con ilusión cal será o próximo tema para a edición do ano que ven.

sábado, 11 de marzo de 2017

Semana da prensa

 Este curso, durante esta semana  nas aulas analizamos de forma intensa o que é un xornal e as súas distintas seccións.
Cada curso colaborou na redación dun artigo para o tercer número do boletín escolar A VOZ DO VERDUGO.
 Finalmente, o venres, unha vez rematado, levaron moi orgullosos a súas casas cadanseu Boletín.
 Os alumnos e alumnas de 5º entrevistaron a os máis pequenos e descubriron a conveniencia de facer preguntas abertas para obter máis información que un si ou non.reportaxes.
 Viñeron falar con nós periodistas do periódico Pontevedra Viva.
Os máis pequenos coas noticias dos Matis
Maquetando os últimos artigos.


E finalmente ahí tedes o resultado final:




venres, 10 de marzo de 2017

XOGA

Hoxe fomos todo o alumnado de infantil do cole a Pontevedra a ver a obra de teatro XOGA, no auditorio do Pazo da Cultura.

Despois de baixar do bus,  ao entrar no Pazo, o primeiro que vimos foi...
O MURAL QUE FIXERAMOS NO COLE PENDULADO NA ENTRADA MESMA DO AUDITORIO!
A obra contaba como era o noso corpo con imaxes e dúas chicas danzando.

Estivemos caladiños e demos palmas.
 Gustóunos moito e pasámolo moi ben.
  Saíndo en orden do auditorio.  
Portámonos tan ben, que ao saír do auditorio estaba ORBIL esperándonos. 
Saudámolo todos e todas as que quixemos.
  ORBIL saúdándonos.  

E despois dun dia tan completo, chegou a hora de voltar ao colexio e logo á casa.
Como nos portamos tan ben, o luns voltamos ao Salón do Libro, pero esta vez imos ver a exposición e todos os traballos.
Ademáis hai unha sesión de contacontos preparada para nós.

venres, 3 de marzo de 2017

O ENTERRO DA SARDIÑA.

OOOLA!!!
PROBE SARDIÑA!!
DEIXÁSTELA BEN GUAPA, TODA COLORIDA.
QUE MÁGOA TER QUE ENTERRALA : QUE TRISTEIROS ESTABADES TODOS E TODAS,
QUE LOITO POR ELA, ...

QUEIMAR... NON A QUEIMAMOS, PEEERO VARAZOS... 

"LEVOU UNS CANTOS".
DÉIXOVOS UN RECORDO DE COMO FOI A SÚA FEITURA E O SEU PASAMENTO.



¡ATE O ENTROIDO QUE VEN!

xoves, 2 de marzo de 2017

Braulio Bolechas

OOOLA!!!
LEMBRÁDEVOS QUE VEU BRAULIO BOLECHAS DE VISITA AO COLE?
 BRAULIOTUBER EN PONTESAMPAIO
BRAULIO COA CLASE DE 1º de PRIMARIA
POIS HOXE SAÍMOS  NA TVG, NO PROGRAMA "BRAULIOTUBER".